Skip to Content

CONTACONTOS FAMILIARES: NAI DE XOÁN

Mércores 11 de maio de 2016

Hoxe recibimos a segunda visita dos Contacontos familiares.

Nesta ocasión achegouse ao colexio:

Lucía Varela, a nai de Xoán

(2.º de Primaria)

Contounos tres historias preciosas creadas por ela mesma:

  • A lúa, a ra e sete amiguiños máis
  • Vinteún pauciños
  • A ovella Felisa e Toño o lobo pitoño

A todos nos encantou a historia dos Vinteún pauciños, xa que o protagonista de mesma era o seu fillo Xoán e ademais saían todos os seus compañeiros/as de curso. Foi unha gran sorpresa!!!

Como agradacemento, Xoán entregoulle un diploma.

Desexamos que siga creando contos tan bonitos e volva noutra ocasión!

 



page | by Dr. Radut