Mércores 4 de maio de 2016
Un ano máis, o colexio encheuse de bicicletas e cascos para poñer en práctica as normas viarias que aprendemos hai uns días na parte teórica.
Este ano o circuíto era enorme... Ata había dous carrís de circulación!!! No percorrido encontramos:
SEMÁFOROS PASOS DE PEÓNS ROTONDAS
SINAIS DE TRÁFICO
Grazas a esta fantástica actividade estamos a converternos nuns grandes condutores.
Esperamos repetir o vindeiro curso!!!
(Clicando nas fotografías podedes accder á galería e ver a xornada completa)