Skip to Content

II SEMANA DA CIENCIA: PRESENTACIÓN DOS PROXECTOS

Venres 18 de marzo de 2016

Esta II edición da Semana da Ciencia volveu ser todo un acontecemento no colexio.

Co obxectivo de fomentar o pensamento científico, a creatividade e a expresión en galego, os alumnos/as, en colaboración coas súas familias, presentaron os seus proxectos científicos.

Nesta ocasión había dúas categorías de participación:

  • Experimento
  • Invento/aparello mecánico

Un ano máis, o nivel foi moi alto e houbo unha gran variedade de traballos:

  1. Alberto (6.º E.I.): "Como facer círculos de fume cunha botella de plástico, un globo e variñas de incenso".
  2. Fabián (1.º E.P.): "Fonte cun globo, unha botella de plástico e unha palliña".
  3. Daniela (3.º E.P.): "Neve artificial".
  4. Paola e Diego (6.º E.I./2.º E.P.): "Erupción volcánica".
  5. Antía (6.º E.I.): "Foguete".
  6. Mateo A. (3.º E.P.): "Algunhas características da luz".
  7. Natasha (5.º E.P.): "Aparello para ollar as ondas da voz".
  8. Antía (6.º E.P.): "Brazo hidráulico".
  9. Carla (4.º E.I.): "Péndulo de Newton"
  10. Iria (5.º E.P.): "Muíño solar/Motor simple".

Tras as exposicións, chegou o momento da deliberación do xurado. Os gañadores foron:

 

MELLOR EXPERIMENTO: MATEO A. (3.º E.P.)

"Algunhas características da luz"

 

 

MELLOR INVENTO/APARELLO MECÁNICO: ANTÍA (6.º E.P.)

"Brazo hidráulico"

 

 

NORABOA POLOS FANTÁSTICOS PROXECTOS REALIZADOS!!!

 

(Clicade na fotografía para acceder á galería)

 



page | by Dr. Radut