Skip to Content

II SEMANA DA CIENCIA: BASES DO CONCURSO

Luns 22 de febreiro de 2016

Na II edición da Semana da Ciencia, queremos seguir a estimular a creatividade dos alumnos/as, o emprego do galego e a interacción entre pais/nais e fillos/as.

 Non o dubides e anímate a participar!

BASES DO CONCURSO

 

QUEN PODE PARTICIPAR?:

  • Todos os alumnos/as do colexio en colaboración coas súas familias.

EN QUE CONSISTE?:

  • Na elaboración e exposición oral en galego dun proxecto "científico" que tanto pode ser un experimento como un aparello mecánico...

DATAS IMPORTANTES:

  • Data límite de presentación: venres 11 de marzo ás 10:00h.
  • Mostra temporal de todos os traballos na entrada do colexio: do 14 ao 18 de marzo.
  • Exposición individual dos proxectos: venres 18 de marzo. Cada neno/a participante, coa axuda da súa familia (se quere ou pode), explicará aos demais en que consiste o seu proxecto científico. O idioma a empregar será o galego. No caso de presentar un aparello mecánico deberá poñelo en funcionamento.

QUE VAI PUNTUAR NA VALORACIÓN?:

      1. A exposición oral:

  • Emprego do galego.
  • Expón só/con axuda.
  • Posta en escena

      2. O produto final:

  • Orixinalidade.
  • Emprego de material de refugallo.
  • Acabado.
  • Posta en funcionamento.

PREMIOS:

  • 1 premio ao mellor experimento.
  • 1 premio ao mellor invento/aparello mecánico.
  • 1 agasallo a todos os participantes.

 

SORTE A TOD@S @S PEQUEN@S CIENTÍFIC@S!!!

SEGURO QUE UN ANO MÁIS NOS SORPRENDERES COS

VOSOS PROXECTOS.

 

 



page | by Dr. Radut