Skip to Content

SAÍDA CLESA: E.I., 1.º E 2.º CURSO PRIMARIA

Venres 27 de novembro de 2015

Durante  a xornada da mañá, os alumnos/as de Educación Infantil, 1.º e 2.º nivel de Primaria visitamos a fábrica láctea Clesa.

 

Coñecemos as instalacións e participamos nun divertido obradoiro impartido por un escritor e un ilustrador. Ademais de contarnos e ilustrar un conto, ensináronnos a debuxar a "Yogui", a mascota da fábrica. Fixemos uns debuxos fantásticos que enviarán a un concurso. A ver se temos sorte e gañamos algún premio!!!

 

 

 

 

Antes de volver ao colexio, tomamos un rico iogur e trouxemos unha bolsa con varios agasallos.

 

 

 

 

 

Que ricos están os

produtos lácteos!!!

 

 

(Clicade nas fotografías para ver a saída completa)

 



page | by Dr. Radut