Skip to Content

SAÍDA DE FIN DE CURSO: APÍPOLIS

Mércores 20 de maio de 2015

Despois da espera... por fin chegou a excursión de fin de curso!!!

Este ano xuntámonos todos os cursos e dirixímonos a Xeve para visitar Apípolis, un centro que ten como obxectivo amosar as relacións entre as abellas e os seres humanos, así como a súa importancia para as persoas e o medio no que nos desenvolvemos.

 

(Clicade sobre a imaxe para acceder á súa páxina web)

 

Nada máis chegar dividíronos en catro grupos e comezou a aventura!!!

 

Coñecemos moita información sobre as abellas.

Elaboramos unhas deliciosas galletas de mel.

Explicáronnos como se prepara a cera e fixemos unhas velas fantásticas.

Vestímonos de apicultores e visitamos o apiario.

A media mañá fixemos unha pequena parada para merendar e xogar. Despois de comer, tíñannos preparados varios xogos.

Volvemos ao colexio pola tarde, algo cansos, pero con moitas cousas que contar ás nosas familias e todos os agasallos que nos deron.

 

Foi unha actividade moi interesante.

Gustaríanos repetir outro ano!!!

 

Se queredes ver toda a saída, clicade en calquera das fotografías.

 



page | by Dr. Radut