Skip to Content

SAÍDA 1.º a 6.º de PRIMARIA: RUTA GUIMATUR - CAMBADOS

Luns 20 de abril de 2015

Ao longo da mañá, todo o alumnado de Educación Primaria participamos na segunda parte do progama "O sabor da aventura está no mar", unha actividade enmarcada no proxecto "Aliméntate Ben".

 

 

Consistiu nunha ruta desenvolvida por Guimatur, unha asociación cultural formada por mariscadoras e redeiras de Cambados.

 

(Premede sobre a imaxe para acceder á súa páxina web)

 

Desde a primeira hora da mañá os monitores dividíronnos en 2 grupos: os rodaballos (gorras de cor amarela) e as troitas (gorras de cor branca).

 

E... COMEZAMOS A RUTA!!!

 

En primeiro lugar visitamos a lonxa. Aí explicáronnos o seu funcionamento e simulamos unha subasta.

Moi preto estaba a nave das redeiras, onde puidemos comprobar a dureza do seu traballo.

Despois de visitar o porto, dirixímonos ao barrio de San Tomé para coñecer a arquitectura popular mariñeira.

Ao mediodía, puxemos as botas de auga e... A MARISCAR.

Canto aprendemos e que ben o pasamos!!!

Pero non rematamos aquí. Aínda nos quedaba por ver o punto de control onde fan a selección do marisco para a súa primeira venda na lonxa.

Despois da intensa mañá, degustamos unha deliciosa comida elaborada con produtos do mar.

 

FOI UNHA MAÑÁ XENIAL.

GUSTARÍANOS REPETIR A RUTA O VINDEIRO CURSO!!!

 (Se clicades en calquera das fotogafías, accederedes á galería para ver a saída completa)

 



page | by Dr. Radut