Skip to Content

I SEMANA DA CIENCIA: EXPOSICIÓN DOS PROXECTOS

Venres 27 de marzo de 2015

Este ano celebramos a I Semana da Ciencia, unha proposta coa que pretendemos estimular a creatividade, o pensamento científico, a interacción entre pais/nais e fillos/as e a expresión oral en galego.

 

A primeira fase foi a entrega dos proxectos científicos. Os traballos achegados polos participantes estiveron expostos durante varias semanas na entrada do colexio. Houbo unha gran variedade: volcáns, coches, circuítos, imáns, muíños, líquidos, luces, aparellos respiratorios, máquinas de vapor...

 

Estes foron os experimentos e  mecanismos presentados:

 

 

O venres foi o turno da explicación e posta en funcionamento de cada un dos proxectos científicos por parte dos seus creadores. Había algúns nervios pero fixérono todos xenial. As exposicións reflectiron o esforzo e as horas de traballo empregadas na súa elaboración.

 

Canta imaxinación e creatividade!!!

 

Todos os participantes recibiron un agasallo, pero o xurado tívoo moi difícil para elixir ao gañador e ao 1.º finalista. Despois da deliberación, os premiados foron:

 

GAÑADOR

MATEO A. de 2.º de Primaria

(mecanismo relacionado coas aplicacións da enerxía eléctrica)

 

1.ª FINALISTA

ANTÍA de 5.º de Primaria

(máquina de vapor)

 

  PARABÉNS A TODOS!!!

GRAZAS UNHA VEZ MÁIS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.

 

(Clicade na fotografía para acceder á galería e ver todos os proxectos)

 



page | by Dr. Radut