Skip to Content

I SEMANA DA CIENCIA

Marzo de 2015

Co obxectivo de estimular a creatividade dos alumnos/as, o emprego do galego e a interacción entre pais/nais e fillos/as, imos celebrar entre os días 23 e 27 de marzo a...

 

 

QUEN PODE PARTICIPAR?

  • Todos os alumnos/as do colexio en colaboración coas súas familias.

EN QUE CONSISTE?

  • Na elaboración e exposición dun proxecto "científico" que tanto pode ser un experimento como un aparello mecánico...

DATAS IMPORTANTES:

  • Data límite de presentación: xoves 19 de marzo ás 10:00h.
  • Exposición temporal de todos os traballos na entrada do colexio: do 23 ao 27 de marzo.
  • Exposición individual dos proxectos: venres 27 de marzo. Cada neno/a participante, coa axuda da súa familia (se quere ou pode), explicará aos demais en que consiste o seu proxecto científico. O idioma a empregar será o galego. No caso de presentar un aparello mecánico, deberá poñelo en funcionamento.

QUE VAI PUNTUAR NA VALORACIÓN?:

  • A exposición oral: orixinalidade, posta en escena, claridade...
  • A orixinalidade do proxecto.
  • O acabado.
  • O correcto funcionamento no caso dos aparellos mecánicos.
  • O emprego de material de refugallo.

PREMIOS:

  • Haberá 2 premios: un para o 1.º premio e outro para o finalista.

 

ÁNIMO CIENTÍFICOS!!!

 

AGARDAMOS OS VOSOS PROXECTOS

 

 



page | by Dr. Radut