Skip to Content

SAÍDA DO 1.º CICLO: EXPOSICIÓN/TEATRO

Xoves 5 de marzo de 2015

O alumnado de 1.º e 2.º de Primaria realizamos unha saída didáctica a Pontevedra.

 

En primeiro lugar asistimos a unha exposición no Café Moderno titulada:

(Para saber máis sobre esta exposición premede na imaxe)

 

Comezamos a visita coñecendo a arte do gravado a través de artistas tan coñecidos como Miró, Dalí ou Picasso.

 

Logo practicamos a técnica realizando os nosos propios gravados nun taller moi divertido.

 

Para rematar, dirixímonos ao Centro Social Afundación para ver a obra de teatro "Os narigudos", na que uns personaxes un pouco peculiares nos contan as súas aventuras.

(Clicade sobre a imaxe para coñecer o argumento)

 

FOI MOI DIVERTIDA!!!

Podedes descargar a unidade didáctica con actividades sobre a obra nos documentos adxuntos ou premendo aquí.

 

Para acceder á galería e ver toda a saída clicade na seguinte fotografía:

 

AdxuntoTamaño
FICHA_DIDACTICA_OS_NARIGUDOS_CON_LOGO.pdf559 KB


page | by Dr. Radut