Skip to Content

SAÍDA INFANTIL + 1.º CICLO: SALÓN DO LIBRO

Martes 3 de marzo de 2015

O tema do Salón do Libro deste ano foi...

 

DA CIENCIA Á FICCIÓN

 

Tiñamos moitas ganas de visitalo para ver marcianos, naves espaciais, cohetes e moitas sorpresas máis.

 

Primeiro fomos ver a obra de teatro "A guerra dos números", unha curiosa historia baseada nun conto de OQO na que unha adiviña e unha investigadora intentan resolver a desaparición do número 7. 

 

Logo realizamos unha visita polo Salón. Encantounos a decoración e os traballos realizados polos colexios participantes.

 

Ademais, algúns tivemos a sorte de que nos elixiron para falar nunha emisora de radio. Que nervios!!!

 

Pero... as sorpresas non remataron aquí. Sabedes quen estaba agardando na saída para despedirnos?

ORBIL, a mascota do Salón do Libro!!!

 

AGARDAMOS VOLVER O ANO QUE VÉN!!!

(Clicade en calquera das fotografías para acceder á galería)

 



page | by Dr. Radut