Skip to Content

VISITAMOS A ADEGA "ALBARIÑO DA OCA"

Xoves 11 de decembro de 2014

O alumnado do 1.º ciclo de Primaria visitamos a adega "Albariño da Oca".

Así de contentos fixemos o percorrido camiñando.

En canto chegamos ensináronnos algúns animais, entre eles varias ocas, xa que son as que lle dan o nome á adega.

Logo pasamos a ver as instalacións. Aí amosáronnos o proceso de elaboración do viño, dende que se recollen as uvas ata que se etiquetan as botellas.

 

 Foi unha mañá xenial!!!

Moitas grazas a Elías Barreiro e a Pablo por adicarnos o seu tempo e ensinarnos a adega.

 

Se queredes ver toda a visita, só tedes que clicar na seguinte fotografía para acceder á galería.

 



page | by Dr. Radut