Skip to Content

FESTIVAL FIN DE CURSO 2014

POÑEMOS FIN A UN CURSO CHEO DE NOVIDADES, EMOCIÓNS E GRANDES MOMENTOS!!!

O festival foi unha boa mostra de todo elo. Unha vez máis os nen@s de 6.º de Primaria foron os encargados de presentalo. Este ano, ao igual que os anteriores, houbo unha gran variedade de actuacións: bailes, cancións en inglés, obras de teatro, contos musicados... e moitos máis.

Pero... os momentos máis emotivos, como non podía ser menos, agardábannos ao final.

Despois de 9 anos no colexio, chegou o momento da despedida do alumnado de 6.º curso de Primaria. Alá polo ano 2005 recibimos uns cativos de 3 anos que hoxe despedimos sendo adolescentes. Esperamos que lles vaia moi ben no Instituto e veñan visitarnos de cando en vez.

MOOOOOITA SORTE A TOD@S!!!

Mais... non rematamos aquí. Os nenos e nenas de 6.º curso de Educación Infantil tamén tiveron a súa graduación. Xa son maiores e o curso que vén verémolos en Primaria!!!

REMATA UNHA ETAPA E COMEZA OUTRA, PERO QUE DIFÍCIL É DICIR ADEUS NALGUNHAS OCASIÓNS!!!

Antes de finalizar, entregamos os agasallos ao alumnado que participou nos concursos de redacción e artes plásticas e os premios aos mellores traballos.

O broche final foi un fermoso vídeo, elaborado por María González, que recolle en imaxes os 25 anos do colexio. Un remate de luxo!!!

 

Para lembrar este día tan especial só tedes que premer en calquera das dúas imaxes.

 

GRAZAS POR TODA A COLABORACIÓN E ATA O CURSO QUE VÉN!!!



page | by Dr. Radut