Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/2023

ADMISIÓN PARA O CURSO 2022/2023

NOTA INFORMATIVA PARA O ALUMNADO DE NOVO INGRESO                                         

Desde o día 1 ao 21 de marzo está aberto o prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2022/2023, dirixido ao alumnado novo que desexe cursar os seus estudos no noso centro.

SEGUNDO CONSTA NA ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013 POLA QUE SE RESOLVE O PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DE ALUMNADO:

Documentación necesaria:

Formulario de admisión debidamente cumprimentado (ANEXO II), con letras e números que se entendan ben.

DNI do pai, nai ou representantes legais e do neno/a (se o ten): orixinais e copia.

Libro de Familia: orixinal e copia.

Certificado de matrícula do curso actual no que está escolarizado o alumno/a (agás para os nacidos no ano 2019). Deben solicitalo no centro educativo no que estea cursando os estudos na actualidade.

Formulario de elección de Relixión ou Atención Educativa/Valores.

Outra documentación (se fose o caso): documento que acredite minusvalía, separación dos pais, custodia… O alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (N.E.A.E.) deberá achegar documentación xustificativa. (orixinal e copia en todos os casos)

A solicitude deberá ser asinada pola nai e o pai, ou representantes legais do alumnado. No caso de separación ou divorcio, os dous proxenitores ou titores legais asinarán a presente solicitude, agás que aquel que formalice a instancia teña atribuída a patria potestade con carácter exclusivo mediante resolución xudicial, que se presentará coa solicitude para o seu cotexo polo centro educativo.

 

Entre os días 20 e 30 do mes de xuño deberán formalizar a matrícula.

O horario de Secretaría é o seguinte: (prégase se axusten na medida do posible)

Luns, martes, mércores, xoves e venres de 09:30 a 10:15 h.

Xoves de 13:20 a 14:15 h.

 

Xornada de portas abertas: este ano, debido á situación sanitaria na que nos atopamos pola pandemia e para extremar as medidas de seguridade, imos facer as xornadas de portas abertas con cita previa. As persoas que estean interesadas deben chamar ao centro ao teléfono do colexio (886.15.16.69)



page | by Dr. Radut