Skip to Content

MATRÍCULA 2021/2022

MATRÍCULA

2021/2022

Prazo:

do 20 ao 30 de XUÑO DE 2021

SÓ PARA O NOVO ALUMNADO

 

 A QUEN VAI DIRIXIDO?

O prazo de matrícula vai dirixido a:

  • Nenos/as que comezan a escolaridade en 3 anos (4.º Infantil). Nacidos no ano 2018.
  • Nenos/as que cambian de centro.

Os alumnos/as que actualmente están matriculados no centro, e que continúen no mesmo o vindeiro curso, non deberán formalizar ningún trámite.

O alumnado de 6.º de Primaria que vai ir ao I.E.S., deberá realizar a matrícula no instituto no que vaia cursar os seus estudos.

 CANDO E COMO FAGO A MIÑA SOLICITUDE?

O prazo de presentación da matrícula abrangue desde o día 20 ao 30 de xuño de 2021, ambos incluídos. 

Deben entregar toda a documentación debidamente cumprimentada na Secretaría do centro.

 QUE DOCUMENTACIÓN TEÑO QUE ENTREGAR?

Poden recoller no colexio o sobre con toda a información e documentación ou descargala nos documentos adxuntos.

  1. ANEXO III debidamente cuberto (Orde do 12 de marzo de 2013): poden descargalo desde AQUÍ ou nos documentos adxuntos.

  2. Fotocopia do Libro de Familia completo (todas as páxinas que estean escritas).

  3. Fotocopia do DNI do pai, da nai (ou representantes legais) e do neno/a a matricular (se o ten).

  4. Fotocopia do Libro de Vacinas do neno/a ou Certificado de vacinas.

  5. Fotocopia da Cartilla da Seguridad Social (tarxeta sanitaria) ou entidade aseguradora.

  6. Certificado de matrícula do curso actual no que está escolarizado o alumno/a (agás para os nacidos no ano 2018). Deben solicitado na Secretaría do centro educativo no que estea cursando estudos na actualidade.

  7. Certificado de empadroamento (deben pedilo no Concello).

  8. 2 fotos do alumno/a tamaño carné.

  9. Fotocopia do boletín de notas da última avaliación (se procede doutro colexio).

  10. Outra documentación (se fose o caso): discapacidade, separación, custodia...

  11. Documentación específica do centro (vai no sobre, pero tamén poden descargala nos documentos adxuntos):

  • Autorización imaxe.

  • Elección Relixión /Valores.

  • Transporte escolar.

  • Proxecto lingüístico (idioma materno).

  • Información adicional.

**A documentación que xa achegaran no proceso de admisión non é preciso que volvan entregala.

 AÍNDA TEÑO DÚBIDAS. ONDE PODO PREGUNTAR?

Poden resolver calquera dúbida referente á matrícula:

  • Na Secretaría do centro.
  • Chamando ao teléfono do colexio 886.15.16.69

 

 HORARIO DE SECRETARÍA

a partir do mércores 23 de xuño

de LUNS a VENRES de 10:00 a 14:00 h.

(prégase se axusten na medida do posible)

 

AdxuntoTamaño
anexoiii_1_infantil_primaria_matricula.pdf427.8 KB
documentacion_necesaria_21_22.pdf244.68 KB
formulario_autorizacion_imaxe.pdf173.75 KB
formulario_eleccion_relixion_valores.pdf129.59 KB
formulario_transporte.pdf237.13 KB
formulario_proxecto_linguistico.pdf218.92 KB
formulario_informacion_adicional.pdf190.53 KB
informacion_aplicacion_abalar.pdf614.28 KB
diptico_informativo.pdf640.17 KB
informacion_comedor_escolar.pdf1.13 MB


page | by Dr. Radut