Skip to Content

PARA ESTES DÍAS...

Luns 15 de xuño de 2020

Bos días familias:

Xa estamos case ao remate, así que para estes días propoñémosvos un traballiño máis dinámico.

Por unha banda, adxuntamos a continuación unha serie de recursos TIC cos que traballar contidos vistos ata agora e secuenciados para as tres idades:

https://www.cokitos.com/educacion-infantil/

http://www.pipoclub.com/

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos

Por outra banda, e coa finalidade de estimular a linguaxe oral nestas idades, recomendámosvos a lectura dos seguintes "CONTOS MOTORES":

https://soniaeducadorainfantil.wordpress.com/category/cuentos-motores/

A través dos pictocontos estaremos a estimular a linguaxe dos máis pequenos. 

- @s alumnos/as de tres e catro anos contarán os contos tomando como referencia os pictogramas.

- @s alumnos/as de cinco anos poderán facer uso dos pictogramas para contar o conto, pero ademais, poderán intentar leelo (está escrito en maiúscula) eles primeiro, desactivando o son. Unha vez lido, o poden escoitar (activando novamente o son).

https://www.pictocuentos.com/

Sorriso AGARDAMOS QUE SIGADES DISFRUTANDO DESTAS PROPOSTASSorriso

APERTAS VIRTUAIS DAS VOSAS PROFES,

SorrisoELENA E MARTASorriso

 

 



paxina | by Dr. Radut