Xoves 9, de xuño, de 2020
Bo día familias!! Que tal estades?? Espero que co semidesconfinamento todo vaia moito mellor, aínda que, supoño tamén estaredes cada día máis cansados e con ganas de vacacións, así que, pouco a pouco... Esta semana xa podemos viaxar por toda Galicia e volver ver aos nosos familiares que viven noutras provincias.
AS FORTALEZAS PERSONAIS
As Fortalezas Pesoais, permiten cultivar a nosa vida interior, para que a felicidade dependa de nos mesmos e non tanto do exterior. É importante ensinarlle aos nenos e nenas a comprender as súas fortalezas persoais internas, pois todos temos dentro de nos a capacidade e ferramentas, para seguir adiante en situacións difíciles.
Debemos desenvolver neles a crenza de que poden facer todo o que se propoñan, mentres sexan metas realistas e non causen danos.
Existen un total de 24 FORTALEZAS PERSOAISsegundo Seligman y Peterson. Uns científicos que determinaron aqueles rasgos positivos da personalidade, que permiten que consideremos a alguén como unha boa persoa. Desexaban a súa vez, que eses rasgos fosen válidos para todas as persoas, independentemente do seu entorno social e cultural.
Froito diso concretaron unha serie de virtudes e fortalezas persoais, que poden definirse como “estilos moralmente valorables de pensar, sentir e actuar, que contribúen a unha vida en plenitude”.
Como podemos traballar as Fortalezas en casa?
Estas Fortalezas clasifícanse en 6 grupos:
SABEDORÍA E COÑECEMENTO: Abarca a capacidade de aprender e practicar. As fortalezas son: Creatividade, Curiosidade, Apertura mental, Amor pola aprendizaxe, Perspectiva.
- CORAXE: Fai referencia a lograr as nosas metas. Son: Valentía, Perseveranza, Integridade, Vitalidade.
- HUMANIDADE:É a habilidade para empatizar, axudar a quen o necesita e apreciar o que se ten. Axúdanos a relacionarnos cos outros, crear vínculos e desenvolvernos na sociedade de forma adecuada. Son: Amor, Amabilidade, Intelixencia Social.
- XUSTIZA: Permite ter sentido do xuízo, diferenciar o correcto das inxustizas, que nos leva a remedialas, e saber levala en equipo para resolver conflitos de maneira xusta e precisa. Son: Civismo, Equidade, Liderazgo.
- TEMPLANZA: É o autocontrol preciso para ter unha vida estable e saber cando é suficiente ou cando necesitamos máis. Diferenza as necesidades dos caprichos. Son: Capacidade de perdoar, Humildade, Prudencia, Autocontrol.
- TRASCENDENCIA: Fala do que buscamos na nosa vida, os propósitos ou metas para ser felices. As fortalezas son: Apreciación pola beleza, Gratitude, Optimismo, Sentido del humor, Espiritualidade.
Como podemos traballar as Fortalezas en casa?
-
Dar información sobre diversas áreas do desenvolvemento, para potenciar a curiosidade e ter o desexo de seguir aprendendo.
-
Practicar todo o aprendido que poida ser útil para a vida cotiá. Como xardinería, manualidades, artes…
-
Axudar ós demais no que necesiten, sempre que podamos. Como participar en voluntariados, obras de caridade ou incluído a persoas nos seus círculos sociais.
-
Transmitir que os erros serven para aprender, que non deben avergoñarse nin repetir o mesmo erro. Sen errores non hai aprendizaxe algún.
-
Ensinar intelixencia emocional, aprender a recoñecer emocións pode axudalos a expresarse mellor e entender aos demais.
-
Ten en conta os valores no teu fogar. Un neno/a que sabe escoitar, primeiro foi escoitado. Permite que exista un momento para que os teus fillos/as sexan escoitados e aprendan a escoitar tamén.
-
Utiliza o xogo como medio para aprender.
Non so como unha diversión ou distracción. Hai moitos xogos que se utilizan para estimular o coñecemento e as aprendizaxes. Os nenos/as non senten que aprenden e poden transmitir aquilo que aprenderon xogando a outros nenos/as.
Acontinuación déixovos uns vídeos, para que poidades seguir aprendendo e traballar as fortalezas cos vosos fillos e fillas.
Autoestima en los niños: Fortalezas y Debilidades.
Autoestima: ¿Qué creo que piensan los demás de mi?
Fortaleza emocional: Yo estaría mejor si...
Cómo fomentar una autoestima saludable en los niños
Como ensinar gratitude aos teus fillos e fillas.
Tamén vos deixo uns audiocontos para ver e reflexionar en familia.
Tu rareza es tu fortaleza.
A los amigos se los acepta como son.
O esforzo de desenvolver estas fortalezas persoais nos nosos fillos e fillas, non os librará de sufrir experiencias desagradables, pero proporcionaralles unha personalidade capaz de apreciar o positivo, aprender das diversidades e mirar sempre a vida con optimismo e confianza.
Espero que vos guste e vos sirva de axuda cos vosos pequenos/as. Calquera dúbida que vos xurda podedes preguntarme.
Ánimo e unha Aperta forte da orientadora. Xa queda menos!
Belén.