Luns, 25 de maio, de 2020.
Bo día familias, nenos e nenas!!Que tal pasastes a fin de semana?? Espero que xenial, con este sol que nos enche de enerxía, non dubido de que así sería.
Hoxe quero deixarvos os traballos dalgúns alumnos/as do noso colexio, que se inician e animan a practicar un pouco de lingua de signos, para darlle así visibilidade a esta bonita lingua.
Xandre de 4.º de Educación Infantil, anímase e preséntarse en LSE, e a súa familia envíanos o vídeo para compartir con todos nós.
sentímolo, flash non está dispoñible.
Noraboa Xandre, fixéchelo moi ben!!Gracias por participar neste reto.
O día das Letras Galegas, Sara, que ten un nivel máis avanzado en LSE, interpreta o poema “A fala das pombas que falan”, de Antonio García Teijeiro, xunto cos alumnos e alumnas de 3° de Primaria. Celebraron deste xeito tan fermoso, este día. Cada un deles, desde a súa casa le un anaquiño do poema, mentres Sara nolo conta mediante a Lingua de Signos. Algúns de vós, seguro que xa o vistes no Facebook do colexio.
https://www.facebook.com/ceip.nantes.7/posts/691119141671520
Noraboa a todos os nenos e nenas que participastes neste vídeo!! Fixéchedes un gran traballo e estades colaborando na inclusión de todos/as.
Espero que vos animedes co reto, e nos sigades enviando algún vídeo coas vosas prácticas, estaremos encantados de recibilos e poñelos na web, seguro que o faredes xenial!!
Ánimo e unha Aperta forte da orientadora.
Belén Cid.