Skip to Content

VOLVEMOS A RESPIRAR AIRE FRESCO!

Martes 28, de abril, de 2020

Bo día familias, nenos e nenas! Que tal estades? Supoño que máis animados, xa que, POR FIN, desde o domingo, os nenos e nenas xa poden saír da casiña, poderán saír a pasear e gozar do aire libre, aínda só que sexa, un anaquiño para oxixenarse.

 

Durante este confinamento, estivemos educando aos fillo/as sobre a importancia e necesidade de non saír da casa, agora toca educalos para xogar na rúa.

 

AS FAMILIAS, COMO PODEMOS AXUDAR AOS NOSOS MENORES?

Antes de saír á rúa, é importante explicarlles aos nenos/as a situación que vivimos: de forma adecuada á idade e madurez do menor, pois para que o seu cerebro estea tranquilo e se sinta seguro, necesita unha rutina e anticipación.

 

Polo que debemos ter unha conversación sincera e calmada con nosos fillos/as, utilizando unha linguaxe que comprendan

Os expertos, recordan que “non hai que mentirlles nin ocultarlles información importante”, debemos explicarlles o por que, das cousas tranquilamente. Así poderán entender, por que teñen que seguir as instrucións dadas.

Podemos explicarlles que “si se coidan eles, tamén coidan aos demais e están sendo uns superheroes para frear o virus”. Debemos poñernos no seu lugar e facelos protagonistas desta historia. Si se amosan ansiosos ou estresados, escoitaremos as súas necesidades e temos que “entender o seu malestar” e “aprender a tolerar e acompañar as súas emocións”.

 

Por outra banda, debemos ser conscientes do noso propio estado de ánimo: os nenos/as dependen dos maiores para modular as súas emocións. Polo que, é recomendable que reflexiones sobre o teu estado de ánimo e si estás preparado para saír da casa. Un pai ou nai angustiado, dificilmente poderá crear as condicións para que un paseo sexa agradable. É importante transmitirlle calma, seguridade e certa normalidade.

Podemos planificar previamente a saída:

  • Comentamos a saída  ou “plan” un día antes e un bo rato antes de saír: Dicirlles “mañá imos a comezar a saír á rúa”, e  recordámoslles as condicións nas cales se vai a dar o paseo.
  • Falarlle do percorrido: Explicarlles canto tempo vai durar e hasta onde van a poder chegar. Exemplo: Imos a dar unha volta ao noso barrio ou que pasaremos por eses sitios que coñece, ou que chegaremos hasta tal sitio”, así entenderá que non é un recorrido libre ou sen límite de tempo.
  • Tentar que sexan participes na organización do novo horario cando teñamos esa posibilidade: "A que hora che apetece mellor saír?" Iso si,  procuraremos evitar horas punta.
  • Darlle pautas segundo a idade: Aos más pequenos por exemplos: Dicirlle que facer si nos atopamos o veciño/a  que pasea o cadelo, a un amigo... Explicarlles que papá ou mamá poden ir xunto a el ou ela, pero que calquera outra persoa que nos atopemos deberán estar a distancia”. Aos maiores, poderemos dicirlle claramente o tempo e as distancias.
  • Faille saber que non rematou a pandemia: é importante que non asocien  saír á rúa co fin da pandemia. Explicarlles: O problema polo que estamos en casa aínda non está resolto, polo que durante a nosa aventura na rúa teremos que tomar precaucións.

  • Explícalles cómo é a vida na rúa: Os adultos que verán fóra da casa tamén están tomando precaucións, para evitar que se asusten ao velos con mascarillas ou luvas.
  • Para os mais pequenos, dicirlle: ‘mira cariño, aínda hai algún bicho pequeno, pero non sabemos onde; entonces, como non sabemos onde, nalgúns sitios non vamos a tocar porque pode estar aí e non o vemos” O ideal é poñerlles uns patíns, bicicletas… para que estean en movemento.
  • Debemos eloxiar concretamente o seu comportamento durante o paseo, cando este foi positivo e cumpriu as normas. Facerlle saber que nos sentimos orgullosos/as de el/a.
  • Transmítelles seguridade:  Algúns menores poden sentir medo por ir a rúa, neste caso transmitirlles seguridade e explicarlles que, tomando as precaucións que xa falamos, pode estar tranquilo e gozar do paseo. Por exemplo: “Cariño, Dexaríate eu saír á rúa se fose perigoso?”.
  • Resolve as súas dúbidas: Poden preguntarnos por que non imos a visitar aos avós. Hai que explicarlles, que polo ben deles temos que seguir en contacto por videochamadas, teléfono o pintándolles debuxos. Explicarlles que temos que ir paso a paso. A primeira medida é saír con eles e despois xa chegará o tempo de ver os avós e outros familiares.
  • Debuxar e escribir sentimentos: Ao chegar a casa poderíamos pedirlle ao neno que faga un debuxo do paseo e que nos conte a historia do seu debuxo. Así poderemos acceder ós seus temores e preocupacións, é unha oportunidade para que a familia poida axudarlles a procesar a súa angustia.

 

CONSELLOS PARA OS PEQUENOS E PEQUENAS

 

Nenas e nenos, por fin chegou a hora de volver a saír á rúa, de andar, correr, levar os nosos xoguetes,  pero non podemos ir aos parques.

Antes de gozar de novo das excursións ó aire libre, recordemos que temos que seguir loitando e ser moi listos, para frear o 'bicho'. Así que, antes de ir a pasear,  pensemos nas novas normas de xogo e precaucións para coidarte a tí mesmo e coidar dos demais.

 

É Preciso que saibades:

  • Non estás obrigado a saír se non che apetece.
  • Si te animas, asegúrate de que estás ben, de que non tes febre, nin tos, nin ningún outro síntoma. Si é así, mellor quedar descansando en casa uns días máis.
  • Podes saír unha hora ao día, entre as 9 da mañá e as 9 da noite, a non máis dun kilómetro da nosa casa.
  • Sempre iredes acompañados dun adulto da vosa familia.
  • Si estás ben, prepara os teus xoguetes, bicicleta ou patinete, porque por agora só podemos saír unha vez ao día. 
  • Non debemos ir a sitios nos que hai moita xente! Si cando saímos a rúa vemos que hai moitas persoas, será mellor esperar un ratiño máis na casa.
  • Mentres xogas, tes que estar a dous metros de distancia dos demais para evitar co  'bicho' salte. Entre dúas persoas ten que coller un coche estacionado, está será a distancia que debemos respectar
  • O uso de mascaras tamén se recomendan como unha boa armadura para loitar contra o virus, pero só se imos ao supermercado ou onde hai moita xente, para saír en solitario non fai falta.
  • Si nos encontramos con algún amigo/a, polo momento, o mellor e saudalo desde lonxe e quedade para xogar máis adiante. Podes dicirlle, ola e charlar un rato, pero nada de bicos, abrazos e chocar os puños. Iso deixámolo para máis adiante.
  • Intenta non tocar todo, pois o virus pode quedar no chan, nos bancos, nas moedas... e lavar ben as mans antes de saír e ó chegar a casa, con auga e xabón ou con un xel hixienizante.

 

        Pero… que podedes facer?

  • Podedes pasear por zonas amplas, abertas.
  • Podemos correr, saltar, facer exercicio, sempre tendo en conta as recomendacións dos adultos.
  • Dar unha volta por cerca da nosa casa co noso patinete, bicicleta, patíns….
  • Xogar coa nosa pelota.

  • Se non tedes mascarilla, non vos preocupedes,  porque os expertos din que non é imprescindible que os nenos/as a levedes. Se a tedes, a vosa familia explicaranvos como usala.

        Qué hai que facer ó regresar a casa?

  • Deixar os zapatos, o patinete e os xoguetes nunha caixa e limpalos.
  • Lavarse ben as mans y si é o caso, retirar as mascarillas.
  • Tirar a mascarilla no lixo de casa, deixando a bolsa ben pechada.
  • Quitarnos a roupa e poñernos unha muda de andar por casa.
  • Falar coa familia do que vimos, escoitalos, deixar que nos conten cómo viviron a experiencia.
  • Manter as rutinas sans do confinamento: seguir coas rutinas en casa de luns a venres, e outras diferentes os fins de semana.

 

E para finalizar, recordade sempre que cada neno e nena é único/a e procesará esta situación de acordo coa súa forma de ser. 

 

DISFRUTADE DA SAÍDA, SEMPRE CON RESPONSABILIDADE

Espero que isto vos sirva de axuda para as tan esperadas saídas. Calquera dúbida ou consulta que vos xurda e na que vos poida axudar, podedes escribirme ao correo belencs.orientadora@gmail.com.

Unha aperta da orientadora.

Belén Cid.

 



paxina | by Dr. Radut