Unha das actividades que estamos a desenvolver este ano no centro é o Programa de Voluntariado de Atención á Lectura.
Trátase dunha actividade moi interesante na que os alumnos/as de 5.º e 6.º curso de Primaria se encargan de ler contos aos nenos e nenas de Educación Infantil.
É unha experiencia fantástica que o alumnado agarda con ilusión todas as semanas!!!
Nas lecturas compartidas:
LEMOS COMPARTIMOS AXUDAMOS APRENDEMOS...
Clicade na fotografía para ver que ben o pasamos!!!: