Skip to Content

CONÉCTATE COS TEUS FILLOS E FILLAS

Venres 17 de abril, de 2020.

Bo día familias! Como estades? Xa estamos rematando outra semana, e o seguinte será disfrutar do tempo de lecer na fin de semana. O tempo pasa voando!!

Hoxe gustaríame que falásemos sobre o Bo uso das pantallas nos nenos e nenas.

Debido ao confinamento e a tantos días sen clase, seguramente o alumnado pasa máis tempo en casa usando consolas, tablets, dispositivos móbiles... do habitual, pois todos necesitamos un tempo para adaptarnos ao contexto que estamos a vivir e a adquisición de novas rutinas.

Os motivos polo que isto pasa son dispares, como a necesidade lectiva de acceso ao contido online, o tempo de ocio, e as relacións sociais cos seus amigos/as e familiares. Polo que me gustaría que reflexionemos sobre como podemos promover o uso saudable das pantallas, xa que, isto pode repercutir na conduta do alumnado, na capacidade para xestionar as súas emocións ou pode afectar negativamente nas relacións sociais.

As orientacións para adaptarnos as pantallas de xeito saudable, son as seguintes:

  • Fomentar un ambiente de confianza e empatía no fogar: para que o alumnado poida expresar as súas preocupacións. Escoitar as súas necesidades e acompañalos para que accedan a contidos seguros para a súas idade.

  • Evitar unha actitude inflexible fronte ao uso de pantallas: Podemos transmitirlles que non é saudable conectarse a todas horas, e que cambiar de actividade permítenos por exemplo, descansar a vista e a postura, falar coa máis coa nosa familia...

  • Dar prioridade ás actividades diarias básicas:  Debemos respectar os horarios para durmir, comer, para realizar as cousas de casa: non debemos esquecer as nosas rutinas. Podemos marcarlle un tempo para xogar, por exemplo despois de comer.

  • Non distraerse: Cando se utiliza Internet para realizar as tarefas escolares, non deben usar as redes sociais ou de mensaxería. Deben centrarse na tarefa.

  • Debemos dar exemplo: Os nenos e nenas imitan os comportamentos que ven nos seus familiares, non terán en conta as nosas pautas, si non ven que actuamos  con autocontrol cos dispositivos.

  • Xestionar o tempo de uso de dispositivos electrónicos: Por exemplo usando pactos familiares, que permitan establecer normas e límites de uso, dialogando.

 

 

  • Entende: É moi importante asegurarse do que están vendo, a que xogan e o que o que len, sexa contido de calidade, adecuado para a súa idade.

  • Infórmate: Debemos coñecer as pautas dun uso saudable das tecnoloxías, descobre as ferramentas que facilitan esta tarefa, usándoas e poñede en práctica os consellos dos expertos

No Anexo, déixovos un Decálogo para que podidades ler e coñecer como levar a cabo un bo uso das Tecnoloxías da Información e da comunicación.

 

Outra cousa moi importante é reflexionar cos nenos e nenas, sobre como empregan o tempo sen internet, podemos planificalo e realizalo coas seguintes cuestións:

  • Dedicar un tempo concreto a estar “conectado” pero tamén realizar outras actividades, Poden axudarte a ser máis feliz e a facer máis felices a quenes te rodean?
  • Que actividades deixas de realizar para poder estar “conectado”? 
  • A que outro tipo de actividades che gustaría dedicar máis tempo? 
  • Que pasaría si planificase unha hora determinada ao día na que atender as súas redes sociais, en lugar de facelo cada pouco? 
  • Dedicas cada vez menos tempo do que che gustaría a túa familia e amigos/as?

     Con isto, o que tratamos é de establecer unhas condicións para que poidan seguir desenvolvendose tranquilos/as, felices e seguros/as, e que o uso adecuado das tecnoloxías acompañe o seu crecemento, intereses e relacións fóra e dentro da rede.

 

Para finalizar, quero déixavos os seguintes vídeos

 

“Los niños y las nuevas tecnologías: beneficios y peligros”, de Guía Infantil.

https://www.youtube.com/watch?v=Z2bER20nrHw

En este vídeo o neuropsicólogo Álvaro Bilbao, explícanos “cómo reacciona o cerebro dos nenos e nenas, ante a exposición excesiva ás  novas tecnoloxías”.

https://www.youtube.com/watch?v=sexMlvNVcvo

Neste vídeo, mostra  os “Riscos na rede e cómo evitalos”, para que poidamos ver reflexionar cos nosos fillos e fillas.

https://www.youtube.com/watch?v=NoJvP06sDr4

Espero que teñades unha boa fin de semana, e continuedes disfrutando do tempo en familia, xuntos e xuntas.

Moito ánimo e unha Aperta da orientadora.

Belén.

 

AdxuntoTamaño
ultimo_decalogo_tic.pdf1 MB


paxina | by Dr. Radut