Skip to Content

DÍA DA ARTE

Mércores 15, de abril, de 2020.

Bo día familias!

Hoxe, 15 de abril celébrase o Día Mundial da Arte, no que se pretende dar a coñecer a importancia que ten a arte e o pensamento creativo, para a evolución do pensamento humano e a resolución dos nosos problemas.

Estableceuse esta data, xa que foi o día en que nace un dos maiores artistas da humanidade, Leonardo Da Vinci, pois foi pintor, escultor, diseñador, arquitecto, poeta… Aquí vos deixo dous enlaces, por si vos apetece coñecelo mellor.

https://www.youtube.com/watch?v=aOqn6adJH84

https://www.youtube.com/watch?v=BD0NjYYjPF0

 

A arte, é unha forma de liberdade, de expresar o que queiramos, de decubrimento dun mesmo e do mundo exterior, e tamén nos serve para manifestar os nosos sentimentos. É estimulante, motiva para crear, expresar e aprender.

Queremos falarvos deste tema, resaltando a importancia que ten a arte na educación e crecemento do noso alumnado. Ademais de estimular as aprendizaxes, pintar, debuxar ou modelar son actividades que desenvolven a percepción, a motricidade fina, a conciencia emocional de si mesmos e dos demais, ou a interacción social. A creatividade e a imaxinación teñen un papel importante e moitos beneficios.

En que contribúe a arte e a creatividade na educación dos nenos e nenas?

  • No desenvolvemento persoal: a arte potencia a autoestima e autoconcepto dos nenos/as, e xenéralles o sentimento de alcanzar un logro.
  • Desenvolvemento social: o neno aprende a cooperar nun traballo artístico realizado en grupo.
  • Desenvolvemento físico: os músculos máis pequenos, a coordinación man-ollo, a lateralidade e o sentido do ritmo, desenvólvense grazas ás diversas formas de expresión artística.
  • Desenvolvemento da linguaxe: é unha forma de expresión que non se basa na habilidade verbal, pero a linguaxe e o vocabulario aumentan a medida que os nenos falan dos seus traballos. Ademais, o debuxo contribúe ao desenvolvendo da escritura nos máis pequenos.
  • Desenvolvemento cognitivo: os beneficios  vense na representación simbólica, na relación espacial, nos números e cantidades, orde...

Aquí vos deixo algunhas ideas para celebrar o día da arte en familia, sempre que vos apeteza. Recomendámosvos que potenciedes o lado mais creativo dos nenos e nenas.

Aprendemos a debuxar en 3D.

https://www.youtube.com/watch?v=78n-lwmxVgo

 

Outras ideas que podemos facer

https://www.youtube.com/watch?v=NCM0bbd1vEw

 

Anímovos a probar se podedes esta técnica de acuarelas que explica paso a paso Tamara Chuvbarovsky

https://www.tamarachubarovsky.com/2020/04/05/acuarelas-con-ninos/

 

Espero que vos gusten e gocedes delas xuntos/as.

Unha aperta da orientadora.

Belén



paxina | by Dr. Radut