Skip to Content

OS BICOS

Martes 14, de abril, de 2020.

Bo día familias! Que tal vos atopades? Como foron estas vacacións tan atípicas? Seguro que moi curtas, pois o tempo pasa voando, espero que gozarades moito dos momentos en familia e que todos/as estedes ben.

Onte, 13 de abril, foi o “Día Internacional do Bico”. Esta celebración, pretende recordar a importancia que teñen os bicos para nós, para a maioría das persoas da nosa sociedade, expresamos o noso amor a través deles, aínda que nestes momentos coa pandemia que estamos a vivir debemos evitalos polo noso ben e o ben dos demais, podemos saudarnos doutras formas diferentes.

O bico, é a linguaxe universal do amor. Estreita vínculos entre as persoas e amosa afecto ou un simple saúdo. Neste día conmemóranse os diferentes tipos de bicos que existen, bicos románticos, os bicos nas meixelas, os bicos de nais, país a fillos/as, e os bicos entre amigos e amigas...

 Algúns dos beneficios de dar bicos, son os seguintes:

- Os bicos mitigan a dor.

- Liberan endorfinas e hormonas como a dopamina e a oxitocina.

- Exercitan os músculos faciais.

- Axudan a combatir o estrés e a tensión…

 

Neste momento que estamos vivindo, sabemos que debemos evitar bicar ou abrazar ás outras persoas para evitar contaxios, e botámolo moitísimo de menos, pero non vos preocupedes que pronto poderemos volver a bicarnos de novo, sempre pedindo permiso para non molestar a ninguén, pois sabedes que hai persoas ás que non lles gustan os bicos e debemos respetalos e poñernos na pel deles.

 

Un bico, non é unha obriga, debemos ensinar aos nosos pequenos/as que que os bicos ou mostras de cariño debemos dalas sempre e cando nós queiramos. As veces é común pedirlle aos nosos fillos/as que lle den bicos a familiares e amigos/as, pero Que farías ti, se te obrigasen a darlle un bico a alguén que non coñeces de nada? Pensemos nisto.

A continuación, déixovos un conto “La hucha de los besos”, para que gocedes en familia.

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=-98_UW9nO_k

Despois de escoitar e ver este conto, podemos reflexionar sobre as seguintes cuestións:

- Que facemos cos bicos e mostras de cariño que recibimos da xente que nos quere?

- A onde van os bicos e mostras de cariño?

- Podemos recuperalos máis adiante e darlles unha vida nova?

Atopemos a nosa hucha dos bicos!

Podemos crear a nosa propia hucha dos bicos, con material reciclado: unha botella, unha caixa de cartón, unha lata…nela iremos metendo os bicos e  mostras de cariño que nos dan os demais. Utilizarémola para os momentos que necesitemos, e eu pensó que este é un deses momentos. Anímovos a facela e gardala no voso recanto das emocións.

Unha Aperta forte da orientadora.

Belén.

 



paxina | by Dr. Radut