Skip to Content

ACTIVIDADES PARA FACER NA CASA (SUSPENSIÓN CLASES)

Luns 16 de marzo de 2020

Queridas familias:

Xa podedes ir vendo/descargando as actividades a realizar polos nenos/as na casa mentres dure a suspensión das clases. Só tedes que ir á marxe lateral dereita desta web, ao apartado que pon "O RECANTO DE...", e aí seleccionar o curso e a especialidade. ESTAS ACTIVIDADES SON VOLUNTARIAS E NON TERÁN CARÁCTER DE AVALIABLES, pero recomendamos que as fagan para que o desenvolvemento dos alumnos/as non se vexa afectado ou  teña o menor impacto posible.

Dentro do curso están subidas as tarefas das materias: Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Lengua Castelá, Lingua Galega e Matemáticas. Nas demais especialidades está o traballo organizado polo profesorado especialista correspondente: Inglés, Educación Física...

Cada mestre/a pon á vosa disposición un correo electrónico para que poidades comunicarvos con eles/as e lle fagades as preguntas que consideredes oportunas respecto ás actividades propostas. Entrade novamente en "O RECANTO DE..." para velos (en cada curso e especialidade).

Para lograr unha boa organización e facilitar a tarefa, todos/as os profesores/as vos atenderán no mesmo horario (indicado pola Consellería), intentando resolver as dúbidas o máis axiña posible:

 de 10:00 a 13:00 h.

Desde o centro queremos darvos moitos ánimos nestes días tan complicados e dicirvos que XUNTOS/AS poderemos superar esta situación. Esperamos vervos moi pronto a todos/as!

Nota: estes días as páxinas web dos centros de ensino están moi saturadas, xa que somos moitos/as os/as que estamos traballando nelas á vez. É probable que ás veces non funcionen ben, polo que pedimos paciencia. Iremos subindo os materiais e actividades o antes posible, conforme os medios o permitan. Grazas pola comprensión!

 



page | by Dr. Radut