Skip to Content

DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR

Venres 27 de setembro de 2019

Para celebrar o Día Europeo do Deporte Escolar organizamos unha sesión de zumba para os nenos/as máis cativos (Educación Infantil+1.º+2.º EP) e unha sesión combinada de zumba e pilates para os maiores (3.º+4.º+5.º+6.º EP).

Paula Losada, unha das mamás do noso colexio, foi a encargada de levar a cabo as actividades. Moitas grazas por colaborar connosco!

Deste xeito sumámonos a este día escolar adicado a divertirse e xogar xuntos para promover a actividade física e a saúde para tod@s!

 



page | by Dr. Radut