Skip to Content

EDUCACIÓN INFANTIL ASISTE AO TEATRO CAIXANOVA

O pasado 20 de novembro, os nenos e nenas de Educación Infantil realizaron a súa primeira saída do curso.

En canto chegaron a Pontevedra, agardábanos no Café Moderno, onde tiñan preparado un taller de arte titulado "Da fantasía á realidade". Ademais de experimentar con cores pasteis e escuras, puideron aprender algúns aspectos moi interesantes relacionados coa Pintura galega.

Rematado o taller, era o turno do teatro. O título da obra, "Nuncabunga", resultaba curioso pero... de que podía tratrar?

Clica aquí para ver un pequeno resumo ou aquí para descargar a guía pedagóxica.

Foi unha obra fantástica e os nen@s pasárono xenial!!!

Para acceder á galería preme sobre a seguinte foto:

AdxuntoTamaño
guia_pedagoxica_nuncabunga.pdf503.82 KB


page | by Dr. Radut