Skip to Content

SAÍDA ILLA DE AROUSA - "ALIMÉNTATE BEN"

Febreiro 2019

Este xoves 7 e venres 8 de febreiro, realizamos dúas saídas á Illa de Arousa.

Nunha participaron o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria e na outra o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

Enmarcadas dentro do Proxecto "Aliméntate Ben", as saídas consistiron en visitar unha zona de marisqueo da Illa e ver en que consiste o traballo de mariscar. Logo visitamos a lonxa para seguir o proceso no que se selecciona o produto e se vende. Ó final, probamos diferentes produtos mariños nunha merenda que nos tiñan preparada.

Estivo xenial! Aquí podes ver máis fotos das saídas.



paxina | by Dr. Radut