Skip to Content

SAÍDA - EXPOSICIÓN E TEATRO

Novembro 2018

Este luns, día 19 de novembro do 2018, os nenos e as nenas de 3º e 4º curso de primaria foron a Pontevedra para asistir a unha exposición - obradoiro no Café Moderno e a unha obra de teatro no Auditorio Afundación.

 A exposición chámase "Da razón de Goya aos monstros de Dalí" e nela hai un total de 80 obras asinadas por Dalí xunto con gravados de Goya. Tamén realizamos un obradoiro sobre os gravados!

Despois vimos unha obra de teatro chamada "El mágico planeta de los instrumentos insólitos". Estivo xenial!



paxina | by Dr. Radut