Skip to Content

SAÍDA – III CONGRESO DE EMERXENCIAS DE GALICIA

Outubro 2018

Hoxe, día 11 de outubro do 2018, todos os nenos e todas as nenas do centro asistiron na Praza do Mar (Sanxenxo) a unhas actividades organizadas no III Congreso de Emerxencias de Galicia.

Puidemos ver unha actuación dos bombeiros ante un incendio e algúns dos equipos de traballo dos que dispoñen. Ata nos metemos nunha estrutura que simulaba unha casa chea de fume e da que tiñamos que saír! Tamén recibimos uns consellos prácticos sobre como actuar ante unha emerxencia e como realizar os primeiros auxilios en determinadas situacións.

Por último, vimos como funciona un "Drone" dos equipos de emerxencias que empregan sobre todo na busca de persoas desaparecidas.

Foi moi interesante! Aquí podes ver máis fotografías da visita!

 



paxina | by Dr. Radut