Venres 14 de maio de 2021
Luns 21 de xuño de 2021
RESOLUCIÓN DEFINITIVA
Foron admitidos TODOS os alumnos/as que presentaron a solicitude de admisión no noso centro no prazo ordinario e fóra de prazo.
Poden consultar as listaxes no taboleiro de anuncios do interior do colexio que está ao lado de Conserxería, dado a a Consellería non permite publicar estes listados na páxina web.
Entre os días 20 e 30 de xuño teñen que formalizar a matrícula na Secretaría do colexio.
Se teñen dúbidas ou consultas poden chamarnos ao teléfono 886.15.16.69.
Horario:
De luns a venres de 10:00 a 14:00 h.