9 DE DECEMBRO - DÍA NON LECTIVO

 

Lembramos que o vindeiro venres 9 de decembro será día non lectivo elixido polo centro, polo tanto non haberá clase. Deste xeito, a actividade lectiva reanudarase o luns 12 de decembro.

11 DE NOVEMBRO 2022

 

 O venres, 11 de Novembro de 2022, celebraremos na escola unha nova edición do Día do peón.

#DíaDoPeón2022

INICIO DE CURSO

 

Mañá, xoves 8 de setembro, comezarán as clases no CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro.

 O horario escolar é o seguinte:

- 9:30h a 14:30h xornada lectiva.

- 14:30h a 15:30h comedor escolar.

- 15:30h saída do transporte.

Recomendamos que os nenos e nenas traian unha pequena merenda saudable para tomar no recreo.

*A empresa concesionaria de transporte comunica que as rutas faranse con normalidade salvo algunha modificación que xa foi informada.

Axuda a Ucraína

Hai unhas semanas iniciamos unha campaña de venda de bolsas de tea co obxectivo de recadar diñeiro para axudar ao pobo ucraíno que tan mal o está pasando. A verdade é que foi un éxito total! A xente da Capela acolleu esta iniciativa do noso alumnado con gran entusiasmo e logramos xuntar un total de 410 euros, que xa foron transferidos a Cruz Vermella.

 GRAZAS A TODOS E TODAS POR COLABORAR

Distribuir contido