LISTADO DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024

 

RELACIÓN DE LIBROS PARA O CURSO 2023/2024 (Click AQUÍ)

RELACIÓN DE MATERIAIS ESCOLARES PARA O CURSO 2023/2024

1º de E.P.  2º de E.P.  3º de E.P.  4º de E.P.  5º de E.P.  6º de E.P. 

VEN A COÑECER A CAPELA!

 

O alumnado do CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro de A Capela anímanvos a que veñades a coñecer o seu pobo.

Preme na ligazón: https://youtu.be/HwZc19Jxtx4

Elaborado e deseñado polo alumnado de 5º de EP

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2023/2024

 

No DOGA do 19 de Maio de 2023 publícase a Orde do 10 de maio de 2023  que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2023/2024, destinada ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos.

FONDO SOLIDARIO: cursos 3º e 4º de Ed. Primaria. 

AXUDA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º de Ed. Primaria ou alumnado con necesidades educativas especiais, con rendas igual ou inferior a 10.000€. Tamén para alumnado de educación especial (EE) e alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% sen límite de renda.

MATERIAL ESCOLAR: alumnado de Ed. Primaria, rendas igual ou inferiores a 10.000€.

 O alumnado de 5º e 6º de EP,  que participan no programa de Educación Dixital (E-DIXGAL) no curso 2023/2024 queda excluído da participación no fondo solidario de libro de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Si poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

prazo para presentación da solicitude é ata o 21 de xuño de 2023. A solicitude pódese presentar presencialmente no centro ou accedendo á aplicación Fondolibros, onde cubrirán os datos, gardaranos e obterán un nº de solicitude. Despois poderán imprimir a solicitude e o anexo II e presentalo no centro ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.  

 Máis información na Secretaría do centro e nos seguintes enlaces:

    - Orde 10 de maio de 2023

    - Anexo I e II

HORTO ESCOLAR

 Actividade organizada pola ANPA en colaboración co Concello de A Capela

 

O sábado 22 de abril , a nosa ANPA organizou unha actividade moi interesante para botar a andar o noso primeiro horto escolar . Coa colaboración de varias familias e tamén do Concello da Capela colocáronse os bancais nos que plantaremos proximamente os nosos cultivos . Agradecemos á ANPA e ao Concello , unha vez máis , a súa implicación . 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/2024

 

O día 1 de marzo de 2023 abre o prazo de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2023/2024. Para máis información poden consultar a Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 do 3 de febreiro que regula o procedemento de admisión do alumnado. 

 

 

ENTROIDO

O pasado venres celebramos o entroido no cole. Tivemos a actuación de Pakolas co espectáculo "Ramona Órbita", cantamos, bailamos... PaSáMoLo XeNiAl!! A continuación fixemos un desfile polas rúas da Capela, enchéndoas de cor e alegría... que ben o pasamos e canto nos gusta o Entroido!!

 

Preme na ligazón: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/a-capela/2023/02/27/capela-carnaval-ceip-mosteiro-caaveiro/0003_202302F27C69977.htm

 

Distribuir contido