Este ano festexamos a PAZ a través da pintura, cun mural no que participou todo o alumnado do centro tomando como referencia o cadro La Gerbe de Matisse. O título do cadro tradúcese por "O manoxo" que é o que precisamos para construír a paz, un manoxo de bos sentimentos e boas accións. Ademais, seguindo esta mesma línea os alumnos de 5º e 6º de E.I. elaboraron a réplica doutro cadro de Matisse, El cielo de la Polinesia, traballando todos xuntos e resumido todo o esforzo neste vídeo.
Foron outras moitas as actividades que realizáronse para conmemorar esta data tan importante, por exemplo, os alumnos e alumnas de 5º de E.P. representaron na biblioteca para todo o centro La ovejita que vino cenar; o xoves o alumnado de infantil e do primeiro ciclo de primaria visionaron o conto Marce, o carteiro e o venres, os nenos e nenas de 6º de E.P. prepararon unha presentación na que recolleron feitos históricos que promoveron diferentes movementos de paz.
Finalmente, pechamos esta semana da paz cun acto simbólico de unión onde o alumnado, as mestras e os metres baixamos o patio a cantar e bailar todos xuntos a canción de Mama Cabra, Baile da paz.