Skip to Content
 A nosa mascotaLeo: A nosa mascota

RADIO ESCOLAR

Consellería ven de facer público o listado de centros seleccionados para participar no Proxecto: Radio Escolar.

E aí estamos! 
 

Somos 20 centros de toda Galicia e, formar parte dese grupo é algo que nos satisface moito polas fiestras que se nos abren. Procuraremos, co traballo diario, estar á altura.

I Concurso "Voces Terroríficas"

Para festexar o Samaín, ademais da Semana das Lecturas Terroríficas (que podedes ver  todas as actuacións nos diferentes blogues dos ciclos), este ano convocamos un concurso de voces terroríficas, que consistía na gravación dunha historia de medo. O gañador foi Nicolás Campos Varela de 5º de Educación Infantil no que participou toda a familia, coa lectura do conto "Os bolechas teñen medo". Podedes escoitar o gañador e os finalistas premendo no enlace do blogue da biblioteca.

CONCURSO DE CABAZAS 2017

Premio a cabaza máis cómica: Óscar Veiga Pombo (5º E.P.)

Premio a cabaza máis fantástica: Sofía Alfeirán Souto (2º E.P.)

Premio a cabaza máis actual: Raúl Péres Veres  (6º E.P.)

Premio a cabaza máis terrorífica: Ana Castiñeira Casal (3º E.P.)

 

PACO SOUTO. In Memoriam

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria rendiron a súa homenaxe o escritor malpicán Paco Souto dentro do programa de actividades  Novas crónicas de Malpica. Recitaron poemas de Antonio García Teijeiro do seu libro Poemar o mar, que ven de ser distinguido co Premio Nacional de Literatura. Podedes ver un resumo do recital no blogue da biblioteca.

MAGOSTO 2017

VENRES ROBÓTICOS

Retomamos neste curso os venres robóticos na biblioteca dentro do espazo do Leolab debido o gran éxito que tivo o ano pasado. Esta parte da biblioteca está dirixida ao traballo constructivo e creativo en equipo, realizando actividades como a montaxe conxuta de escornabots, a realización de circuitos con diferentes elementos de construcción... e este ano como novidade temos a incorporación dunha IMPRESORA 3D! Podedes seguir todas as actividades no blogue da biblioteca.

O MAR QUE NOS DÁ...

Comezamos un novo proxecto documental integrado no centro, PDI, que xira en torno a unha realidade tan nosa como é O MAR. No primeiro trimestre centrarémonos no mar que foi, no segundo trimestre no mar que é e o que será e no terceiro trimestre mar e arte. Trateremos temas como a pesca, a caza de baleas, a venta de peixe, as receitas con productos do mar, as diferentes artes de pesca, os naufraxios... Comezamos a nosa aventura e podedes seguir cada unha das actividades no blogue "Porto da Gaia".

Comeza o curso 2017/2018

AXUDA FONDO LIBROS 2017/2018

Xa están publicadas as listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto para os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º que podedes consultar no taboleiro exterior do centro ou premendo no seguinte enlace: fondo libros.

Para consultar e recoller o vale de adquisición de libros de texto de 1º e 2º de Educación Primaria e o vale de adquisición de material escolar para toda Educación Primaria podedes pasar pola dirección do centro os días 6 e 7 de xullo de 9:30 a 14:00 h.

Vacantes Comedor Escolar

Informamos que para o vindeiro curso 2017/18 hai 2 vacantes no servizo complementario de Comedor escolar.

Pódense solicitar entre os días 28 de Xuño e 3 de Xullo adxuntado a documentación que se relaciona:Normas solicitude comedor 17_18

As normas de solicitude pódense ver tamén premendo neste enlace: NORMAS SOLICITUDE COMEDOR 2017/18

Listado de solicitudes e listado provisional de admitidos: neste enlace

Resolución definitiva: Consello escolar do vindeiro luns 10 de Xullo de 2017

Distribuir contido


by Dr. Radut