As familias poderán acompañar aos seus fillos/as ata a cancela de entrada ao patio. Entrarán sós quedando a cargo do profesorado de garda.
Non se permite a entrada de adultos ao patio (Consello Escolar, Xuño 2014)
De teren que facer algunha xestión na secretaría do centro, agardarán a que o alumnado suba ás aulas.
EXCEPCIONALMENTE, no mes de setembro inclusive, as familias poderán acceder ao centro co alumnado para a entrega de materiais ao conserxe.
As familias que recollan o alumnado no centro agardarán fóra das instalacións co fin de facilitar a entrega por parte do profesorado.
O horario do centro é o seguinte:
Horario de Mañá: Apertura de cancelas exteriores: 8:30 horas Profesorado de Garda: 8:40 horas Entrada ás aulas: 9:00 horas |
Horario de Tarde: Peche de cancelas exteriores: 18:00 horas |
O alumnado usuario do comedor escolar será recollido pola súa familia, ou persoa debidamente autorizada, na porta esquerda de acceso (entrada de psicomotricidade) co fin de facilitar dita entrega e dotala dunha maior seguridade. As familias poderán autorizar por escrito calquera outra forma de entrega.
Durante a xornada escolar, a porta que estará habilitada para acceso ao centro e efectuar algunha xestión será a cancela exterior dereita (subida ao cemiterio).
A fin de evitar conflictos innecesarios, prégase puntualidade nas entradas e saídas, tendo en conta que dita puntualidade consiste en chegar co tempo xusto: nin antes nin despois. O sinal acústico para a subida ás aulas soa ás 9:00, despois desa hora deberá xustificarse debidamente o retraso. A reiteración desa conducta será motivo da posta en marcha do Protocolo de Absentismo segundo o ROF.
No horario lectivo, de 9:00 a 14:00, e co fin de non interromper as clases, prohíbese o acceso de pais e nais, así coma de calquera outra persoa allea ao centro, ás aulas. Se é necesaria unha entrevista urxente co profesorado por parte dos primeiros, deberá solicitarse a autorización correspondente a través do Equipo Directivo do Centro que arbitrará as medidas oportunas. Asemade, está prohibido a todo o persoal alleo ao centro o acceso ás plantas superiores en horario de tarde.
Estas normas serán tamén de aplicacion ao alumnado de 3 anos unha vez finalizado o período de adaptación.
Se algún escolar precisa saír do centro en horario lectivo deberá facelo sempre acompañado dun adulto debidamente autorizado polos titores legais. Seguirase o procedemento recollido no RRI. As familias intentarán que sexa preferiblemente en horario de recreo.