Skip to Content

Charlas sobre saúde mental

A saúde mental é fundamental en todas as etapas da vida, tamén para os máis pequenos e pequenas. Por iso durante os meses de outubro e novembro, o alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria recibiu uns talleres de saúde mental, ofrecidos por parte do Concello de Santiago e da Asociación Farmamundi, na que puideron afondar sobre as xestións das emocións e a importancia de coñecelas. 

 

 

Encontro Programa Observa_Acción (outubro)

Taller flora invasora (outubro)

Roteiros Voz Natura (outubro)

Educación Vial - Saída 6º EI (outubro)

Saída Sálvora (25 de setembro)

AI SÁLVORA, AI SAN VICENTE...

Unha illa de historia e lendas

Arrancamos o curso cunha gran saída a illa de Sálvora na ría de Arousa

QUES VER MÁIS SOBRE A SAÍDA? Pois preme na imaxe

O Concello abre o día 18 de xullo o prazo de inscrición no servizo de comedor e madrugadores para o curso 2023-2024

 O Concello de Santiago de Compostela abre o prazo de matrícula para usuarias/os de comedor e madrugadoras/es, desde o 18 de xullo ao 28 de agosto de 2023 (os dous incluídos). As/Os novas/os usuarias/os deberán entregar cuberta a ficha de incripción e achegarana ao Concello de Santiago de Compostela, ben a través de xeito telemático na sede electrónica ou ben presencial no rexistro xeral; posteriormente rexistraranse na APP ColeChef.

Para calquera consulta dirixirse ao Departamento de Educación do Concello a través dos teléfonos: 981 554 400/981 554 401.

Achéganse varios documentos de interese.

PUBLICADAS AS LISTAXES AXUDA MATERIAL- FONDO LIBROS 2023-2024

Publicadas no centro e a través da Sede electrónica, as listaxes definitivas do fondo solidario libros texto e material escolar curso 23/24.

 

Poderanse recoller os vales no colexio entre o 12 e o 28 de xullo en horario de 9:00 a 14:00 horas.

 

Os libros de texto do Fondo Libros de 3º e 4º de primaria entregaranse ao alumnado correspondente unha vez comezado o curso (a partir do 11 de setembro).

O alumnado de 5º e 6º de primaria seguen en E-DIXGAL.

Distribuir contido


by Dr. Radut