Skip to Content

E ti, que deporte fas?

Ola a todas e a todos. Hoxe imos iniciar unha nova sección que leva o título o anterior: “E ti, que deporte fas?”. A idea é que quen queirades, tanto alumnas e alumnos como nais, pais, avós, avoas... nos contedes que deporte practicades e que significa para vós. Se vos serve de axuda e queredes, podedes ir contestando, por exemplo, ás seguintes preguntas, pero se preferides contárnolo doutra maneira, adiante.

As preguntas poderían ser estas:

  • Que deporte practicas?
  • Desde cando fas este deporte?
  • Por que empezaches a practicalo?
  • Como te sentes cando fas deporte?
  • Que ten de bo para a saúde?
  • Que aprendiches practicando este deporte?
  • Que competencias, habilidades, valores... cres que ensina ou transmite o teu deporte?

Por favor, enviade as vosas colaboracións ao colexio a traveso das vosas fillas e os vosos fillos no formato que estimedes oportuno. Despois nós (profesorado e alumnado) irémolas publicando.

Coa vosa participación estades animando a moitas persoas e a moitas rapazas e rapaces a levar unha vida sa e activa, e a transmitir valores que van ser importantes nas súas vidas.

Gracias pola vosa participación, esperámosvos!



page | by Dr. Radut