Skip to Content

Blogues

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS FONDO SOLIDARIO LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24.

Publicadas no centro e a través da Sede electrónica, as listaxes definitivas do fondo solidario libros texto e material escolar curso 23/24.

Poderanse recoller os vales no colexio entre o 12 e o 28 de xullo en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Os libros de texto do Fondo Libros de 3º e 4º de primaria entregaranse ao alumnado correspondente unha vez comezado o curso (a partir do 11 de setembro).

O alumnado de 5º e 6º de primaria seguen en E-DIXGAL.

FABRICANDO NEVE

 

Dado que os nenos/as do cole querían ver neve e aquí non caeu nin unha soa folerpa en todo o inverno, en infantil, decidimos que era hora de fabricala e, como somos tremendamente curiosos, fixémola de dúas maneiras. A primeira, empregando bicarbonato e a segunda, con cueiros para bebés e auga. As fases que seguimos foron as seguintes:

1º presentamos no faladoiro os materiais a empregar, así como unha explicación de todo o proceso que íamos desenvolver.

                 2ºformulamos hipóteses a nivel grupal. Cada un/ha daba a súa opinión do que pasaría.

3ºpuxémonos mans a obra e tocou experimentar e

4ºconversamos grupalmente para falar do que pasou.

Despois de todo o traballo, recollemos no noso caderno de experimentos todo o proceso debuxándoo e inventamos e escribimos un título para o experimento. A maiores redactamos tamén a lista dos materiais empregados.

fabricando neve6

fabricando neve5

fabricando neve1

fabricando neve2

fabricando neve3

fabricando neve4

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Publicada no DOG a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

Prazo de solicitude: do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

Máis información premendo na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Distribuir contido


by Dr. Radut