Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Secretaría

Solicitudes de bolsas de comedores escolares

comedor escolar

Dende hoxe 1 de xuño e ata o 12 de xuño ábrese o prazo para solicitar as bolsas de comedor para o vindeiro curso convocadas polo Concello de A Coruña. Solicítanse nos rexistros municipáis ou na sede electrónica do Concello.

Sede electrónica do concello

Páxina de Servizos Sociais do concello

Axudas para libros e material escolar para o curso 2020/2021

No DOG de onte, martes 19 de maio publícase no DOG a convocatoria anual para solicitar axudas para a compra de libros de texto, material escolar e/ou participar no préstamo solidario de fondolibros de cara ao vindeiro curso 2020/21. Estas axudas son exclusivamente para o alumnado que cursará estudos de Ed. Primaria ou Secundaria o vindeiro ano académico. O prazo comeza o 20 de maio e durará ata o 19 de xuño. Preferentemente realizarase a presentación de solicitudes por vía telemática. Tamén pode facerse presencialmente na secretaría do colexio en horario de 9:45h a 13:30h, respectando as medidas sanitarias en vigor, e as establecidas polo propio centro.

Adaptación das programacións 2019/2020

Adaptación das programacións de todas as áreas de Educación Primaria pola pandemia COVID-19, seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Acceso aos documentos facendo clic na etiqueta do curso.

Reapertura do prazo de admisión de alumnado

No DOG do 6 de maio, publícase o Acordo sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado. Para a realización e seguimento deste acordo a dirección do centro informa do seguinte:

  • O novo prazo de entrega de solicitudes será do 11 ao 18 de maio ambos inclusive, en horario de 10 a 13:30 h. na secretaría do colexio.
  • A presentación de documentación acreditativa do baremo será ata o 26 de maio. (Recoméndase entregala do 11 ao 18 de maio)
  • Publicación de listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido o 8 de xuño.
  • Reclamacións do 9 ao 11 de xuño en horario de 10 a 13:30 h. na secretaría do colexio.
  • Publicación das listaxes definitivas antes do 26 de xuño.
  • Formalización da matrícula en secretaría: do 1 ao 10 de xullo 

NORMAS BÁSICAS DE ACCESO AO COLEXIO

  1. Na medida do posible, unha única persoa para realizar a xestión en secretaría.
  2. Deberá acceder ao interior do edificio portando mascarilla protectota, tamén dentro do posible.
  3. Seguir indicacións na entrada, e manter distancia de seguridade con outras persoas que se atopen no recinto.

NOTA IMPORTANTE: O colexio abre o luns 11, exclusivamente e co persoal imprescindible para atender este proceso de admisión de alumnado. Para o resto de consultas ou trámites, por favor, utilizar o teléfono 981262612 ou o correo electrónico: ceip.maria.barbeito@edu.xunta.gal

Admisión Alumnado 2020/2021

 

Admision_gif

Iníciase o proceso de Admisión de Alumnado para o vindeiro curso escolar 2020/2021

Xornada de portas abertas 2020

Proceso de admisión 2020/2021

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

Plan de Autoprotección

Para acceder ao Plan de Autoprotección, premer na imaxe:

Plan de Autoprotección do centro

Bo Nadal

Todo o persoal do CEIP Plurilingüe María Barbeito deséxalles unhas Felices Festas

 

Aviso importante

Á atención das familias de todas as alumnas e alumnos do centro

Distribuir contido


by Dr. Radut