Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Secretaría

Ficha Actualización Datos Primaria 2020

LIBROS DE TEXTO 2016/17

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

A Consellería de Cultura, Educación e O. U.  publica con data do 16/05/2016, a orde pola que se regula a participación no

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e se convocan AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E

MATERIAL ESCOLAR destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros

sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.

O vindeiro curso 2016/17 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en

3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Nos restantes cursos – 1º e 2º de Educación Primaria - funcionarán as Axudas para

a adquisición de libros de texto. No caso do Material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas

ao alumnado matriculado na Educación Primaria, ESO e Educación Especial.

Os requisitos e termos da convocatoria poden consultarse no Diario Oficial de Galicia, no enlace seguinte:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioG0164-040516-0005_gl.html

As tres modalidades (fondo, axudas para a adquisición de libros e axudas para a compra de material escolar)

intégranse nunha mesma convocatoria, facilita e simplifica a tramitación para as familias, dado que só será preciso presentar 

unha única solicitude por centro e familia, incluíndo nela a todos/as os/as fillos/as que estean escolarizados nel.

En consecuencia, a documentación só se ten que presentar unha vez.

Poden descargar a solicitude (Anexo I) Aquí

Tamén no portal da Xunta de Galicia, neste enlace da sede da Xunta de Galicia

O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día 18 de maio e remata o 23 de xuño de 2016.

Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario,

ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros, ben utilizados do

mesmo fondo o ano pasado, ben adquiridos con cargo á convocatoria de axudas para a compra de libros de texto.

 

 

 

Proceso de admisión 2016/2017 (Definitivo)

Admision 2016.17

 

Listado definitivo

 

Listado definitivo de admitidos e non admitidos

 

** Lémbrase que o vindeiro 13 de xuño ás 17:00 horas no salón de actos do centro haberá unha reunión das profesoras e o equipo directivo cos pais e nais dos futuros alumnos de tres anos.

Acceso á información da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Premer no logo

Instruccións sobre o proceso de Admisión da Direccción Xeral de centros

Instruccións sobre o proceso de Admisión da Xefatura Territorial de A Coruña

Circular informativa do centro

Mapa de zonas de influencia de Centros Públicos de Ed. Infantil e Primaria de A Coruña

 

Descarga da solicitude de admisión:

Solicitude de admisión (Anexo II en castelán)

Solicitude de admisión (Anexo II en galego)

 

Xornada de portas abertas no centro o vindeiro 7 de marzo de 2016 ás 17 h. Para descargar o folleto informativo, premer na imaxe:

folleto

 

 

 

 

Entroido 2016

 

 

O venres día 5 de febreiro realizamos o pasarrúas e o desfile de entroido no pavillón do centro.

Pedimos disculpas pola mala calidade do video xa que entre o minuto 11:24 e 12:06 colóusenos unha canción con dereitos de autor que procedemos a retirar.

 

Video coas imaxes do evento:

 

 

Para acceder ao álbum de Educación Infantil premer nesta imaxe:  album

 

Para acceder ao álbum de Educación Primaria premer nesta imaxe:

 

 

 

 

Dia da Paz 2016

O pasado venres día 29 de xaneiro celebramos o Día da paz e a non violencia no centro.

Todos os alumnos portaron bicos de cores que pegaron nun cartel colocado para a ocasión no pavillón,

a continuación alumnos e mestres cantaron a canción "Un beso redondo" da cantante Conchita.

Poden escoitar a canción coa súa letra premendo neste enlace:  

 

Día da Paz e a non violencia

O día 30 de xaneiro conmemórase o día da non violencia e a paz.

Felices Festas

 

 

Festas Nadal do centro 2015 (días 17 e 18 de decembro)

 

Enlace ás imaxes das celebracións do Nadal 2015 no cole AQUI

 

Axudas adsquisición de material escolar 2015/2016

CONVOCADAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 201572016

                                   (Orde do 25 de agosto de 2015, DOG do 1 de setembro)

1.- DESTINATARIOS

Todo o alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e  educación especial que teñan unha renda pér cápita igual ou inferior a 5.400 €.

 

2.-PRAZOS

 Prazo de presentación de solicitudes:

Do 2 de setembro ao 1 de outubro de 2015

 Unha vez que a solicitude estea debidamente tramitada, o centro xerará un vale que será entregado ao solicitante en horario de Secretaría (de luns a venres de 9:00 a 13:30 h. e os luns pola tarde de 16:00 a 18:00 horas)

 

3.- DOCUMENTACIÓN

Presentarase orixinal e copia da documentación. No caso de que a presentación non se faga no centro, deberá presentar orixinal ou copia debidamente compulsada.

Documentos:

a)Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar cando non autoricen a consulta telemática. 

 b) Cando non autoricen a consulta telemática, presentarase copia da declaración da renda do 2013, e no caso de non ter a obriga de facela, certificado de facenda no que consten os ingresos de todos os membros computables da unidade familiar

 c)Copia do Libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar.

No suposto de non ter libro de familia ou  se a situación familiar, a dia 31 de decembro de 2013 non coincidise coa reflectida no libro, terá que presentarse documentación que acredite os membros da unidade familiar, tales como: sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do alumno; certificado ou volante de convivencia; informe dos servicios sociais que acredite a situación familiar.

 d) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, ou do alumno/a igual ou superior ao 33% e inferior ao 65% deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2013.

•      Certificado de minusvalía igual ou superior ao 33%.

•      Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou

•      Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

 e) No caso de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.

4.- CONTÍA DAS AXUDAS

50 € para material escolar, que poderá mercarse no establecemento da súa elección ata o 31 de outubro de 2015

Poden descargar o anexo I aquí

No portal da Consellería de Educación. Aquí.

Na sede electrónica da Xunta de Galicia. Aquí.

 

INSTRUCIÓNS SOBRE O FONDO SOLIDARIO DE LIBROS PARA AMPLIACIÓN DE EXISTENCIAS

Aprezadas familias: 

Recentemente recibimos por e-mail novas instruccións da Dirección Xeral de Centros sobre o Fondo Solidadrio de Libros:

Ao obxecto de ampliar o nivel de cobertura do fondo solidario de libros de texto, regulado

pola Orde do 21 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño), e garantir que o alumnado admitido

con renda per cápita incluída nos mesmos tramos que as axudas poida dispoñer de libros de

texto a través do fondo, os centros deberán adquirir os libros de texto que complementen os

xa existentes no fondo. 

A adquisición realizarase con cargo á partida de gastos de funcionamento para o alumnado

admitido cunha renda per cápita igual ou inferior a 9.000 €

Con carácter xeral, e tendo en conta os tramos de renda e os importes das axudas, fíxase o

seguinte número máximo de libros a adquirir por cada alumno/a, segundo a o tramo de

renda per cápita no que se encontre:

Renda per cápita ata 5.400 €: 6 libros.

Renda per cápita desde 5.400,01 € ata 9.000 €: 4 libros.

Neste momento estamos xestionando a compra dos libros que farían falla para completar os lotes de libros que correspondan segundo a listaxe que nos facilitan ás familias admitidas pero que quedaron sen libros ou ás que non lle corresponderon todos os que deberían.

Irémosvos informando das novidades que se produzan e dos libros adquiridos para que non os teñades que mercar.

Lamentamos as molestias que vos poida ocasionar esta situación.

 

Fondo solidario de libros de texto

 

Listaxe definitivo de admitidos no fondo solidario de libros de texto AQUI.

Nos primeiros días do curso procederase ao reparto de libros aos alumnos polos titores.

Distribuir contido


by Dr. Radut