Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Secretaría

Casos positivos da COVID-19

Estimadas familias:
Comunicámoslles que se confirmaron 4 casos nesta fin de semana (2 o sábado e 2 o domingo) da Covid-19 no centro educativo ao que acoden os seus fillos. Tras realizar o estudo de contactos no centro, NON foi identificado/a como contacto estreito, polo que, agás as dúas aulas corentenadas, os alumnos poden seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19.
Poden consultar máis información en
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/modelo_carta_educovid_2020_09_29.pdf

Novos casos de COVID-19

Detectáronse no día de hoxe tres casos de positivo da COVID-19 en persoas pertencentes á comunidade educativa do colexio.

O equipo COVID activou o protocolo establecido e comunicou a situación á Consellería de Sanidade.

Seguindo indicacións das autoridades sanitarias os pais dos alumnos dunha aula de educación infantil afectada foron avisados e de maneira preventiva, os alumnos deberán permanecer nos seus domicilios un período de 10 a 14 días que será supervisado polas citadas autoridades.

Os outros dous casos detectados, comprobada a última data de asistencia destas persoas ao centro, as autoridades consideran que non xeraron contactos estreitos no centro educativo.

Como noutras ocasións recomendamos extremar as medidas de seguridade e hixiene vixentes.

Moito ánimo.

A dirección do centro.

Comunicación de caso COVID-19 no centro

Estimadas familias.
Detectouse un caso de positivo da COVID-19 nunha persoa pertencente a comunidade educativa do colexio.
O equipo COVID activou o protocolo establecido e comunicou a situación á Consellería de Sanidade.
Seguindo indicacións das autoridades sanitarias os pais da aula afectada foron avisadas e de maneira preventiva,  non deberán enviar aos alumnos ao centro nos vindeiros días. O Centro de Seguemento de Contactos (CSC) poñerase en contacto coas familias coa finalidade de facer un seguemento do caso e daranlles indicacións do proceso a seguir, que probablemente será de confinamento domiciliario.
O resto do alumnado doutras aulas e cursos do centro virá coa normalidade que a situación actual esixe: extremando as medidas de alerta, hixiene e distanzamento.
Desde o colexio nestes momentos queremos transmitir moito ánimo a todas as familias.
Un saúdo.
A dirección do centro.

Axudas máscaras

Despois de longa espera agardando as propostas de diferentes empresas para a adquisición de máscaras para o alumnado beneficiario das mesmas, hoxe día 22 de decembro, recibimos o pack que lle corresponderá a cada alumno. Trátase de dúas máscaras de cores azul e amarelo en material reutilizable que garantiza ata 85 lavados en cada unha das mesmas, o que garantiza a súa utilidade para o presente curso escolar.

Convocatoria de máscaras para o alumnado

Nenos con máscaras

Imaxe Regreso a la escuela por un nuevo concepto de estilo de vida normal. freepik. Autor: user 11158201

 

O venres 13 de novembro saiu publicada a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados  no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E)

ALUMNADO DESTINATARIO
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. Porque é beneficiario directo e recibirá as máscaras directamente.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

  • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
  • Alumnado matriculado en educación especial.
  • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

SOLICITUDES PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR
Poderán solicitarse dende o 14 ata o 27 de novembro no centro educativo con cita previa.

Teléfono do centro: 981 26 26 12

* Coa solicitude acompañarase fotocopia do libro de familia

**Lembramos que o horario da Secretaría do centro é de luns a venres de 9 a 13:30 h. e as tardes do luns de 16 a 18 h.

Publicidade: No taboleiro do centro o luns 30 de novembro publicarase a listaxe de beneficiarios das máscaras.
O reparto das máscaras realizarase no mes de decembro. Informarase do procedemento os vindeiros días.

Haberá solicitudes a disposición das familias na conserxería do centro.

Acceso á publicación no DOG

Información na SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia

Modelo de solicitude (galego)

Novas COVID

Imaxe COVID-19 (Pixabay)

Listaxes provisionais de axudas de Fondo libros

Libros e material

Desde o día de hoxe, venres 3 de xullo están publicadas no taboleiro de anuncios situado no interior do centro as listaxes provisionais do fondo de libros. O prazo para reclamar a estas listaxes é de  2 días (6 e 7 de xullo). O vindeiro mércores, día 8 de xullo publicaranse as listaxes definitivas.

As persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros  (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/), empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre.

A entrega de vales para adquisición de libros de texto para 1º e 2ºEP e/ou material escolar (de 1ºEP a 6ºEP), será entre o luns 13 de xullo e o venres 17 de xullo en horario de 10 h a 13 h. na secretaría do colexio.

As familias que non recollan os vales nesas datas, terán que esperar ao mes de setembro para recollelos.

Listaxe definitivo de admisión de alumnado

Hoxe 25 de xuño procedemos á publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 2020/2021.
Podedes consultar as listaxes no taboleiro na entrada do colexio, e tamén con chave 365 e/ou certificado electrónico na aplicación admisión de alumnado.

Os alumnos solicitantes de 4º e 5º de Educación Infantil están todos admitidos.


PARA OS ADMITIDOS: o prazo para formalizar a matrícula será na secretaría do centro entre o 1 e o 10 de xullo (horario de 9,45 h. a 13:30 h).

A documentación a presentar é a seguinte:

  • Impreso de matrícula debidamente cumplimentado (pódese recoller tamén en conserxería)

Impreso para Educación Infantil

Impreso para Educación Primaria

  • Catro fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou outra entidade médica.


PARA OS NON ADMITIDOS: A comisión de escolarización asignará praza nalgún dos centros solicitados, se teñen vacantes. No caso contrario asignaráselles un colexio que teña vacantes e que esté o máis cerca posible ao domicilio ou centro de traballo alegado.

Segundo está contemplado na lexislación vixente, contra estas listaxes definitivas poderase interpoñer un recurso de alzada a partir do día 27 de xuño.

Listado de libros de texto curso 2020/2021

Listado de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2020/2021

Accedese ao listado facendo clic na seguinte imaxe

ADMISIÓN DE ALUMNOS 2020/2021

ADMISIÓN DE ALUMNOS para o curso 2020/2021

Listado provisional

Comunícase a todas as familias interesadas que unha vez rematado o prazo de solicitude de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2020/2021 resultaron admitidas todas as solicitudes para educación infantil.

As listaxes estarán expostas desde hoxe no taboleiro de anuncios dentro do interior do centro, para poder ser consultadas. (Non se publicarán na web, debido á lei de protección de datos)

O prazo de reclamacións remata o día 11 de xuño. Horario de atención ao público de 9:45 a 13:30 horas, na secretaría do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut