Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Secretaría

Material escolar 2023/2024

Material escolar 23/24

 

Nos seguintes enlaces poden acceder ao material escolar para o vindeiro curso escolar 2023/2024 por niveis educativos

Material 4º de Ed. Infantil

 

Libros de texto 2023/24

Listado de Libros de texto para o curso 2023/2024, facendo clic na imaxe superior.

* Correxido erro no libro de Inglés de 2º de Primaria.

** Correxido erros en ISBN dos libros de matemáticas 3º Primaria e inglés e Inglés de 4º de Primaria

Matemáticas 3º:  (3 trimestres), Operación Mundo, Edit. Anaya, 2022    9788469899618

Inglés 3º: Open Up 3. Class Book - 9780194072618
Inglés 3º: Open Up 3. Activity Book - 9780194072373

Inglés de 4º de Primaria:

Open up 4.  Class Book.       Ed. OUP    ISBN. 9780194072885
Open up 4.  Activity Book.  Ed. OUP    ISBN. 9780194072694

 

Libros de texto por niveis educativos:

Libros 4º de Ed. Infantil Libros 5º de Ed. Infantil Libros 6º de Ed. Infantil
Libros 1º de Ed. Primaria Libros 2º de Ed. Primaria Libros 3º de Ed. Primaria
Libros 4º de Ed. Primaria Libros 5º de Ed. Primaria Libros 6º de Ed. Primaria

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2023/2024

 

No DOG de onte publicouse a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria  e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024 (código de procedemento ED330B) (Diario Oficial de Galicia do 19.05.2023).

Beneficiarios: alumnos e alumnas de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

PRAZO: desde hoxe 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023

** O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria non terá fondo libros o vindeiro curso escolar por formar parte de E-Dixgal (ao alumnado préstaselle un portátil para eses dous cursos escolares), pero si poderá solicitar axuda para material escolar.

Forma de presentación das solicitudes:
1.-Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  (no enlace de máis abaixo)
NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos
2.- Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (Acceso a FondoLibros mais abaixo)
3.- Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo. O centro dispón dos citados anexos á disposición das familias.
** O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023.

Mais información nos seguintes enlaces:

Orde do 10 de maio no DOG

Preguntas frecuentes

Acceso á Sede Dixital da Xunta de Galicia

Acceso á aplicación FondoLibros

Anexos I e IIpara cubrir, imprimir e entregar no centro

Para calquera consulta poden dirixirse ao centro polos canais oficiais de comunicación:

Correo electrónico: ceip.maria.barbeito@edu.xunta.gal

Teléfono: 981262612

Horario de secretaría: de Luns a Venres de 9:00 h. ata 13:30 h.

                                Luns de 16:00 h. ata 18:00 h.

Plan Estratéxico de Mellora do centro

Cartel PROA+ 22.23

 

 

Coa finalidade de axudar a mellorar os resultados educativos do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, o noso centro participa no curso 2022/23 no Programa PROA + Coa participación neste programa, unha docente de Pedagoxía Terapéutica reforza ao alumno beneficiario, en horario lectivo na súa aula ordinaria, ofrecéndolle unha atención persoal e individualizada que lle permita mellorar o seu rendemento escolar e acadar unha motivación positiva de cara ás súas aprendizaxes.

Ao contar no noso colexio con este programa,  deberemos realizar un Plan Estratéxico de Mellora do Centro coa finalidade de dirixir os nosos esforzos a mellorar aqueles aspectos que dificultan a adquisición de todas as competencias curriculares á totalidade do noso alumnado.

O primeiro paso consiste na realización dunha serie de enquisas destinadas ás familias, o profesorado, o persoal docente e non docente e ao alumnado para recoller a información que nos facilitará os puntos fortes, debiles, amenazas e oportunidades que actualmente ten o centro.

Durante o mes de abril realizaranse as enquisas dos diferentes sectores da nosa comunidade.

No enlace que se facilita mais abaixo poden acceder á enquisa dirixida ás familias que consta das seguintes cuestións:

DIMENSIÓN A: CREACIÓN DE CULTURAS INCLUSIVAS
A1. CONSTRUÍNDO COMUNIDADE
1. Todas as persoas son acollidas no centro.
2.  Os profesores e profesoras colaboran mutuamente.
3.  Os estudantes axúdanse uns a outros.
4.  O profesorado e o alumnado trátanse con respecto.
5.  As familias colaboran e senten que están implicadas no centro.
6. O profesorado e os membros do consello escolar traballan ben xuntos
7.  O profesorado non favorece a un grupo de estudantes por encima doutros.

DIMENSIÓN A: CREANDO CULTURAS INCLUSIVAS
A2 ESTABLECEMENTO DE VALORES INCLUSIVOS
1. O centro escolar desenvolve valores inclusivos compartidos.
2.  O profesorado pensa que todo o alumnado é igual de importante.
3. O centro escolar contribúe á saúde do alumnado e á dos adultos.
4. O centro escolar contribúe a que toda a comunidade educativa teña coñecementos para o manexo de aparellos informáticos.

DIMENSIÓN B: ESTABLECENDO POLÍTICAS INCLUSIVAS
B1: DESENVOLVENDO UN CENTRO ESCOLAR PARA TODOS
1. Cando o alumnado entra por primeira vez o centro axúdaselle na súa adaptación.
2. O profesorado mostra un mesmo interese por todos os grupos e estos configúranse de xeito heteroxéneo.
3.  O centro fai  que os seus edificios sean físicamente accesibles para todas as persoas.
4. O centro escolar escolar favorece que todo o alumnado dispoña de dispositivos informáticos axeitados e de conectividade.

DIMENSIÓN B: ESTABLECENDO POLÍTICAS INCLUSIVAS
B2: ORGANIZANDO O APOIO A DIVERSIDADE
1. Reducíronse os problemas de convivencia e as expulsións por indisciplina.
2. Reducíronse as causas e ausencias a clase.
3. Reduciuse o acoso escolar
4. Os dispositivos e aplicacións que se utilizan son accesibles (cognitivamente e universalmente) con máis características de todos ou alumnos.

DIMENSIÓN C: DESENVOLVENDO POLÍTICAS INCLUSIVAS
C2: ORQUESTRANDO A APRENDIZAXE
1. Todas as actividades do centro están adaptadas a todos ou alumnos.
2. O centro implica activamente o alumnado na súa propia aprendizaxe.
3. O alumnado aprende de maneira colaborativa.
4. Ensinaselle ao alumnado a valorar por igual a todas as persoas, o xénero, pola súa orixe, cultura ou características individuais.
5. Poderá participar, queirano ou non, todo o alumnado nas actividades que se realicen en horario lectivo.
6. Foméntase o uso das tecnoloxías da comunicación para actividades sociais e educativas.

QUEREMOS SABER MÁIS
1. Escribe as 3 cousas que máis che gustan do centro
2. Escribe  3 cousas que  che gustaría cambiar do centro

As enquisas estarán operativas ata o vindeiro venres 21 de abril de 2023.  Se algunha nai, pai ou representante legal non contestou á citada enquisa e desexa facelo, poderá realizala ata a data mais arriba indicada facendo clic no seguinte enlace.

ACCESO Á ENQUISA 

Na enquisa non fai falta iniciar a sesión en Google. Simplemente deberán facer clic na pestana "Siguiente" situada debaixo da imaxe PROA+

Moitas grazas pola súa colaboración.

 

Entroido 2023

Cartel premiado no concurso de carteis do entroido 2023 (Autora: Eva Valiña Fernández 2º C)

Este ano celebraremos o Entroido o venres día 17 de febreiro, tendo como idea principal “Músicas do mundo”.
DESFILE: Ás 09:45 h. temos prevista a tradicional saída ao arredor do colexio, saíndo polo portalón principal do centro situado na rúa Alcalde Salorio Suárez-rúa Alcalde Jaime Hervada-rúa Alcalde Peñamaría del Llano-entrando pola porta do pavillón do Ventorrillo. A orde de saída de cada curso será a seguinte: 6º de primaria-5º-4º-3º-2º-1º--6º de Ed. Infantil -5º e 4º de Ed. Infantil.
Dentro do pavillón os alumnos desfilarán coas súas titoras e titores para os seus compañeiros e compañeiras. Non está permitida a entrada das familias dentro das instalacións do colexio.

Antes do recreo a alumnado degostará produtos típicos do entroido que aportan as familias.

Lembramos que os días 20,21 e 22 de febreiro constan como non lectivos no calendario escolar do presente curso, polo que as clases reanudaranse o xoves 23 de febreiro.

Admisión 2023/24

Cartel admisión 2023/24

 

CALENDARIO DE ACCIÓNS NO PROCESO DE ADMISIÓN 2023/2024    dedo

RESERVA DE PRAZA PARA O INSTITUTO

Segundo a Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG 11/11/22), o prazo para a RESERVA DE PRAZA para o IES AGRA DO ORZÁN será entre o 15 de xaneiro e o 4 de febreiro de 2023 (ambos incluídos).

Para calquera dúbida relacionada co proceso poden poñerse en contacto co centro ou achegarse á secretaría no seu horario habitual de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 13:30 h. e os luns pola tarde de 16.00 a 18:00 h.

Circular informativa para as familias

Solicitude de reserva de praza

Inicio do proceso (páxina da Consellería de Educación)

PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

O prazo de entrega de solicitudes é do 1 de marzo ata o 21 de marzo

** O centro ten solicitado e autorizado por xefatura territiorial de educación o día 20 de marzo como día non lectivo para o curso 2022/23 e, dado que dita data coincide co último día do prazo de presentación de solicitudes de admisión ordinarias para o curso 2023/24, é preciso que se aplique o establecido na Disposición adicional segunda (cómputo de prazos) da Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG do 8 de novembro) onde se indica literalmente o seguinte: Para os efectos de cumprir os trámites do procedemento de admisión e formalización da matrícula do alumnado, cando o último día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte.

O proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicaciónAdmisión Alumnado da Consellería de Educación ou presencialmente na secretaría do centro.

  • Aquí poden descargar a solicitude de admisión (Anexo II) en galego ou en castelán.
  • Na seguinte ligazón poden consultar o Calendario do proceso de admisión
  • Poden consultar as vacantes ofertadas para o curso 2023-2024 pulsando aqui.
  • A documentación que teñen que achegar coa solicitude poden descargala aqui.

 

Xornada de portas abertas o día 1 de marzo ás 17 h.

 

 Publicada a listaxe de admitidos e non admitidos

(luns 15/05/2023)

Todos as alumnas e alumnos que solicitaron 4º de Educación Infantil están admitidos.

Poden consultar estas listaxes no taboleiro do centro ou telemáticamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital.
Resaltar que todas as solicitudes recibidas están ADMITIDAS.
O prazo de FORMALIZACIÓN de MATRÍCULA será do 20 ao 30 de xuño.

 

 

Reunións Inicio de curso

Reunións iniciais curso escolar 2022/23

As datas fixadas para as reunións de principio de curso das titoras coas familias son as seguintes:

4º de Ed. Infantil (3 anos) día 5 de setembro ás 16:30 h.

5º de Ed. Infantil (4 anos) día 7 de setembro ás 17:00 h.

6º de Ed. Infantil (5 anos) día 12 de setembro ás 16:00 h.

 

1º de E. Primaria, día 6 de setembro ás 16:00 h.

2º de E. Primaria, día 6 de setembro ás 17:30 h.

3º de E. Primaria, día 19 de setembro ás 16:30 h.

 

5º de E. Primaria, día 12 de setembro ás 16:30 h.

6º de E. Primaria, día 12 de setembro ás 16:00 h.

 

Comunicados centro

 

Pendente para

setembro

 

**  Advertido erro no ISBN do libro de matemáticas de 3º de Primaria:

Listado de material curso 2022/2023

Listado de material de aula por cursos

(Clic na imaxe de cada curso)

5/09/2022 Engadido o material de 3º de Ed. Primaria

 

 

Axudas libros 2022/2023

Unha vez rematado o período de reclamación ao listado provisional de axudas para a adquisición de libros de texto (alumnado de 1º e 2º de Primaria), Fondo Libros (3º-4º e 6º de Primaria) e axudas para material escolar (de 1º a 6º de Primaria), no día de hoxe publícase o listado definitivo de alumnos e alumnas beneficiarios de Axudas para a adquisición de material, libros de 1º e 2º de primaria e fondo libros do centro.
Poderan acceder con Certificado Dixital á aplicación Fondo Libros ou consultalo na Secretaría do centro.
No día de hoxe, venres 8 de xullo e o vindeiro luns 11 de xullo, entregaranse aos pais ou titores legais os vales de libros (1º e 2º de primaria) e vales e material (1º a 6º de primaria) en horario de 10:30 a 13:30 h.
Para recoller os vales de material e de libros deberán facelo o pai, nai ou titor legal do alumno ao alumna ou unha persoa maior de idade que deleguen cunha autorización asinada.
Estas axudas poderán recollerse tamén nos primeiros días de setembro no horario habitual de secretaría (de luns a venres de 9:00 h. a 13:30 h.)

Circular do centro


A dirección do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut