Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Admisión 2023/24

Cartel admisión 2023/24

 

CALENDARIO DE ACCIÓNS NO PROCESO DE ADMISIÓN 2023/2024    dedo

RESERVA DE PRAZA PARA O INSTITUTO

Segundo a Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG 11/11/22), o prazo para a RESERVA DE PRAZA para o IES AGRA DO ORZÁN será entre o 15 de xaneiro e o 4 de febreiro de 2023 (ambos incluídos).

Para calquera dúbida relacionada co proceso poden poñerse en contacto co centro ou achegarse á secretaría no seu horario habitual de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 13:30 h. e os luns pola tarde de 16.00 a 18:00 h.

Circular informativa para as familias

Solicitude de reserva de praza

Inicio do proceso (páxina da Consellería de Educación)

PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

O prazo de entrega de solicitudes é do 1 de marzo ata o 21 de marzo

** O centro ten solicitado e autorizado por xefatura territiorial de educación o día 20 de marzo como día non lectivo para o curso 2022/23 e, dado que dita data coincide co último día do prazo de presentación de solicitudes de admisión ordinarias para o curso 2023/24, é preciso que se aplique o establecido na Disposición adicional segunda (cómputo de prazos) da Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG do 8 de novembro) onde se indica literalmente o seguinte: Para os efectos de cumprir os trámites do procedemento de admisión e formalización da matrícula do alumnado, cando o último día do prazo non sexa lectivo, prorrogarase automaticamente ata o día lectivo inmediato seguinte.

O proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicaciónAdmisión Alumnado da Consellería de Educación ou presencialmente na secretaría do centro.

  • Aquí poden descargar a solicitude de admisión (Anexo II) en galego ou en castelán.
  • Na seguinte ligazón poden consultar o Calendario do proceso de admisión
  • Poden consultar as vacantes ofertadas para o curso 2023-2024 pulsando aqui.
  • A documentación que teñen que achegar coa solicitude poden descargala aqui.

 

Xornada de portas abertas o día 1 de marzo ás 17 h.

 

 Publicada a listaxe de admitidos e non admitidos

(luns 15/05/2023)

Todos as alumnas e alumnos que solicitaron 4º de Educación Infantil están admitidos.

Poden consultar estas listaxes no taboleiro do centro ou telemáticamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital.
Resaltar que todas as solicitudes recibidas están ADMITIDAS.
O prazo de FORMALIZACIÓN de MATRÍCULA será do 20 ao 30 de xuño.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut