Skip to Content

O noso colexio

                                                                                                     

Secretaría

Convocatoria Bolsas Comedor Municipais curso 2021-2022

Bolsas Municipais de comedor

O pasado día 30 de marzo de 2021 publicáronse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña as bases para a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2021-2022. (https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/03/30/2021_0000002441.html)

O prazo para a presentación de solicitudes será do 5 ao 30 de abril, ambos incluídos.

Os  impresos  facilitaranse  nas  oficinas  dos  rexistros  municipais  e  estarán  tamén  dispoñibles  na  sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es).

A solicitude específica e os anexos, debidamente cubertos e asinados, e o resto de documentación exixida na convocatoria poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas…) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.

NOTA: Este ano, entre outros requisitos para acceder á bolsa, o/a alumno/a solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido. Naqueles casos que por imposibilidade legal non dispoñan de ningún dos documentos anteriores, poderán presentar unha instancia no rexistro solicitando a cobertura do gasto de comedor con outro recurso, que será valorado polos equipos técnicos especializados

 

.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.-.

El pasado día 30 de marzo de 2021 se publicaron en el Boletín Oficial de la Provincia de A Coruña las bases para la convocatoria de las becas municipales de comedor para el curso 2021-2022. (https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/03/30/2021_0000002441.html)

El plazo para la presentación de solicitudes será del 5 al 30 de abril, ambos incluidos.

Los impresos se facilitarán en las oficinas de los registros municipales y estarán también disponibles en la sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es).

La solicitud específica y los anexos, debidamente cubiertos y firmados, y el resto de documentación exigida en la convocatoria podrá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), en los registros municipales (Plaza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franja y del CCM Mesoiro), en el registro telemático de la sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en cualquier otro de los previstos en el art. 16.4 de la Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas.

Todos los listados (requerimientos de subsanación, listas provisionales y definitivas…) identificarán la solicitud del menor atendiendo al código de asiento de registro de la solicitud inicial.

NOTA: Este año, entre otros requisitos para acceder a la beca, el/la alumno/a solicitante deberá tener un DNI, NIE o número de identificación fiscal válido. En aquellos casos que por imposibilidad legal no dispongan de ninguno de los documentos anteriores, podrán presentar una instancia en el registro solicitando la cobertura del gasto de comedor con otro recurso, que será valorado por los equipos técnicos especializados.

Instrucións cribado masivo en Educación Infantil

Luns, 15 de marzo, a partir das 16 h.

Emprazamento: Comedor escolar do centro (edificio administrativo)

Cada alumno deberá asistir acompañado por un adulto responsable.

As alumnas e alumnos de 4º de Educación Infantil entrarán pola porta da aula de 4º C (Profesora Alejandra), atravesando o pequeño patio de 4º de Infantil e sairán pola porta principal do edificio administrativo.

(**) As alumnas e alumnos de 4º A non terá que facer a proba ao estar en confinamento domiciliario.

O alumnado de 5º e 6º de infantil, que a diario accede pola rampla do pavillón, entrará polo portalón grande (usado a diario polas alumnas e alumnos de 1º ata 4º de primaria) e agardará mantendo as distancias no patio cuberto de primaria, accederá ao comedor e sairá pola porta principal do edificio administrativo.

As alumnas e alumnos de educación infantil usuarios do servizo de comedor, por mor da desinfección do comedor, deberán ser recollidos o luns ás 15 h. polo portalón do patio de infantil de 3 anos.

É moi importante a rigurosa puntualidade para non producirse aglomeracións nin demoras na entrada e na realización da proba, xa que o persoal sanitario atópase moi estresado nestes momentos e deberá acodir despois a outros emprazamentos.

Ao longo do percorrido estarán acompañados por persoal do centro, para calquera indidencia que poidera producirse.

A realización desta proba non é obrigatoria, polo que aquelas familias que non queren que o seu fillo ou a súa filla a realice, deberán comunícalo ás titoras ou ao centro antes de mañán luns.

Como xa lles informaron da ANPA do centro, as actividades extraescolares dos alumnos de infantil quedan suspendidas o luns 15 de marzo, pola realización desta proba.

Disculpen as molestias ocasionadas e moitas grazas pola súa colaboración.

A dirección do centro.

Horarios:

16:00 h. 4º B (aula da profe Diana)

16:10 h. 4º C (aula da profe Alejandra)

16:20 h. 5º A (aula da profe Nuria)

16:30 h. 5º B (aula da profe Andrea)

16:40 h. 5º C (aula da profe Fátima )

16:50 h. 6º A (aula da profe Maite)

17:00 h. 6º B (aula da profe Lis )

17:10 h. 6º C (aula da profe Sonia)

 

Admisión de alumnos e alumnas 2021/2022

 

Admision 2021.2022

 

O vindeiro luns, día 1 de marzo de 2021 iníciase o proceso de admisión de alumnos e alumnas ao noso centro. O prazo será desde o 1 ata o 22 de marzo.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Solicitude de admisión.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
  • Certificado oficial do expediente académico.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador ondeconste a custodia do menor, de ser o caso.

PRAZOS DO PROCESO

  • 1 ao 22 de marzo de 2021: presentación solicitude.
  • 25 de marzo a 9 de abril: presentación documentación acreditativa (en caso de ter que baremar).
  • Antes do 25 de abril: listaxe provisional de admitidos e non admitidos.
  • Antes do 15 de maio: publicación das listaxes definitivas.
  • Do 20 ao 30 de xuño: formalización matrícula.

DESCARGA DE SOLICITUDES
Aplicación informática: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Sede electrónica: https://sede.xunta.gal/portada
Consellería de Educación: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849
Impresos dFispoñibles tamén na conserxería do centro.

Clic na imaxe anterior

OUTRA DOCUMENTACIÓN

Circular informativa do centro

Mapa de zonas de influencia

Criterios de valoración

Resumo de todo o proceso

Horario de secretaría: de luns a venres de 9:00 h. ata 13:30 h.

Luns pola tarde de 16 a 18 h.

Lembramos manter as distancias de seguridade e realizar os trámites un só membro por unidade familiar.

Para calquera dúbida ou consulta, mediante correo electrónico:  ceip.maria.barbeito@edu.xunta.gal ou por teléfono 981262612.

Circular IES Agra do Orzán

Entroido 2021

A vindeira semana iniciaremos o Entroido 2021 cos mandados do Meco.
Este ano, debido ao Covid, o venres 12 non poderemos facer a nosa tradicional saída polo barrio, mais faremos igualmente que sexa un día especial no que cada aula manterase co seu grupo de convivencia estable e terá unha celebración propia.
Desde o blogue do equipo de Dinamización Lingüística do centro, o meco iranos indicando o que deberemos traer cada día... Grazas pola súa colaboración.

https://linguagaleganomariabarbeito.wordpress.com/2021/02/05/entroido-2021/

28 de xaneiro Día Internacional da Protección de Datos

datos

Hoxe, 28 de xaneiro, celébrase o Día Internacional da Protección de Datos, data proclamada en 2006 polo Consello de Europa co obxectivo de informar e concienciar sobre os dereitos e obrigacións en materia de protección de datos.
No ámbito europeo, a norma que garante a protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes é o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (RXPD), plenamente aplicable desde o 25 de maio de 2018.  Pola súa banda, a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) adapta a lexislación española ao devandito Regulamento europeo.
A continuación exponse o que a citada lexislación considera “datos persoais”, as diferentes categorías de datos persoais que podemos atopar e a protección que se brinda a estas, así como as actividades consideradas “tratamento” de datos persoais e, polo tanto, suxeitas á normativa vixente.
Que é un dato persoal?
Os datos persoais son calquera información referente a persoas físicas identificadas ou identificables.
Pode ser identificable toda persoa cuxa identidade poida determinarse mediante un identificador (por exemplo, un nome, un número de identificación, datos de localización ou un identificador en liña) ou mediante o uso dun ou varios elementos propios da identidade física, fisiolóxica, xenética, psíquica, económica, cultural ou social.
Exemplos de datos persoais son: o nome e apelidos; o D.N.I./Pasaporte; a sinatura; a dirección de correo electrónico nominativo ou persoal; o número de teléfono; o domicilio; a dirección IP; a matrícula do vehículo; a imaxe ou voz dunha persoa; a información económica ou patrimonial; o estado de saúde física ou mental; os datos biométricos (pegadas dixitais, iris do ollo, ADN...); a ideoloxía; a información obtida da navegación na internet (cookies); etc.
A normativa en materia de protección de datos persoais non regula o tratamento de datos das persoas xurídicas, en particular as empresas constituídas como sociedades mercantís respecto ao seu nome ou razón social ou datos de contacto.
Tipoloxía dos datos persoais
Pódense destinguir, entre outros, os seguintes tipos de datos persoais:

  • Datos identificativos: nome e apelidos, DNI, nº da Seguridade Social ou tarxeta sanitaria, dirección, teléfono, firma/pegada, imaxe/voz...
  • Datos de natureza penal.
  • Datos de infraccións e sancións administrativas.
  • Datos de categorías especiais: Orixe étnica ou racial; opinións políticas; conviccións relixiosas ou filosóficas; afiliación sindical; datos xenéticos; datos  biométricos dirixidos a identificar de maneira unívoca a unha persoa física; datos relativos á saúde incluíndo posibles discapacidades e datos relativos á vida sexual ou a orientación sexual.
  • Datos de circunstancias sociais: características da vivenda; situación familiar; propiedades; posesións; afeccións e estilo de vida; pertenza a clubs e asociacións; licenzas, permisos e autorizacións.
  • Datos de características persoais: datos de estado civil; idade; datos de familia; sexo; data de nacemento; nacionalidade; lugar de nacemento; idioma; características físicas ou antropométricas.
  • Datos académicos e profesionais: formación; titulacións; expediente académico; experiencia profesional; pertenza a colexios ou asociacións profesionais.
  • Datos detalle de emprego: corpo/escala; categoría/grao; postos de traballo; datos non económicos de nómina; historial do traballador.
  • Datos económico-financeiros e de seguros: ingresos, rendas; inversións, bens patrimoniais; créditos, préstamos, avais; datos bancarios; plans de pensións, xubilación; datos económicos de nómina; datos deducións impositivas/impostos; seguros; hipotecas; subsidios, beneficios; historial créditos; tarxetas crédito, etc.
  • Datos de transaccións: bens e servizos subministrados pola persoa afectada; bens e servizos recibidos pola persoa afectada; transaccións financeiras; compensacións/indemnizacións; etc.

Que é un tratamento de datos persoais?
Calquera operación ou conxunto de operacións na que estean presentes datos persoais constituirá un tratamento de datos, que poderá ser manual ou automatizado (total ou parcialmente).
Constitúen un tratamento de datos persoais, entre outras, as seguintes actividades: a recollida dos datos; o rexistro; a organización; a estruturación; a conservación; a adaptación ou modificación; a extracción; a súa consulta ou utilización; a comunicación dos datos por transmisión, difusión ou calquera outra forma de habilitación de acceso, cotexo ou interconexión; a limitación e a supresión ou destrución dos datos.

Normativa relacionada:
REGLAMENTO (UE) 2016/679 del Parlamento Europeo y del Consejo, de 27 de abril de 2016 Relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos personais
Artículo 8.1. “En relación con la oferta directa a niños de servicios de la sociedad de la información, el tratamiento de los datos personales de un niño se considerará lícito cuando tenga como mínimo 16 años.” (...)
LEY ORGÁNICA 3/2018, de 5 de diciembre, de protección de datos personales y garantía de los derechos digitales
Artículo 7.1. "El tratamiento de los datos personales de un menor de edad únicamente podrá fundarse en su consentimiento cuando sea mayor de 14 años”(...)

Casos positivos da COVID-19

Estimadas familias:
Comunicámoslles que se confirmaron 4 casos nesta fin de semana (2 o sábado e 2 o domingo) da Covid-19 no centro educativo ao que acoden os seus fillos. Tras realizar o estudo de contactos no centro, NON foi identificado/a como contacto estreito, polo que, agás as dúas aulas corentenadas, os alumnos poden seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19.
Poden consultar máis información en
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/modelo_carta_educovid_2020_09_29.pdf

Novos casos de COVID-19

Detectáronse no día de hoxe tres casos de positivo da COVID-19 en persoas pertencentes á comunidade educativa do colexio.

O equipo COVID activou o protocolo establecido e comunicou a situación á Consellería de Sanidade.

Seguindo indicacións das autoridades sanitarias os pais dos alumnos dunha aula de educación infantil afectada foron avisados e de maneira preventiva, os alumnos deberán permanecer nos seus domicilios un período de 10 a 14 días que será supervisado polas citadas autoridades.

Os outros dous casos detectados, comprobada a última data de asistencia destas persoas ao centro, as autoridades consideran que non xeraron contactos estreitos no centro educativo.

Como noutras ocasións recomendamos extremar as medidas de seguridade e hixiene vixentes.

Moito ánimo.

A dirección do centro.

Comunicación de caso COVID-19 no centro

Estimadas familias.
Detectouse un caso de positivo da COVID-19 nunha persoa pertencente a comunidade educativa do colexio.
O equipo COVID activou o protocolo establecido e comunicou a situación á Consellería de Sanidade.
Seguindo indicacións das autoridades sanitarias os pais da aula afectada foron avisadas e de maneira preventiva,  non deberán enviar aos alumnos ao centro nos vindeiros días. O Centro de Seguemento de Contactos (CSC) poñerase en contacto coas familias coa finalidade de facer un seguemento do caso e daranlles indicacións do proceso a seguir, que probablemente será de confinamento domiciliario.
O resto do alumnado doutras aulas e cursos do centro virá coa normalidade que a situación actual esixe: extremando as medidas de alerta, hixiene e distanzamento.
Desde o colexio nestes momentos queremos transmitir moito ánimo a todas as familias.
Un saúdo.
A dirección do centro.

Axudas máscaras

Despois de longa espera agardando as propostas de diferentes empresas para a adquisición de máscaras para o alumnado beneficiario das mesmas, hoxe día 22 de decembro, recibimos o pack que lle corresponderá a cada alumno. Trátase de dúas máscaras de cores azul e amarelo en material reutilizable que garantiza ata 85 lavados en cada unha das mesmas, o que garantiza a súa utilidade para o presente curso escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut