Orientación
NOVO BLOG DE ORIENTACIÓN
Enviado por marortigueira o Ven, 27/03/2020 - 18:02O departamento de orientación está comezando a creación dun BLOG co fin de compartir información, recursos, actividades, asesorar no que se poda..., en fin tratar de axudar na labor educativa a toda a comunidade educativa do centro.
As suxerencias, opinións, críticas, aportacións... sempre serán ben recibidas. Participade. Fagamos un blog realmente de toda a comunidade.
A dirección do Blog é a seguinte:
https://orientavidalportela.blogspot.com/
COMPOSICIÓN DEPARTAMENTO CURSO 2020-2021
Enviado por profesorado o Mar, 08/04/2008 - 08:50Composición do DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN no curso escolar 2020-2021:
- Xefa do Departamento de Orientación ........... Dª Mª del Mar Ortigueira Hermida
- Profesora de PT .......................................... Dª Andrea Carramal Martínez
- Profesora de AL .......................................... Dª María Eugenia Torres Pérez
- Coordinadora de Ed. Infantil.......................... Dª Carmen Celeiro Álvarez
- Coordinadora do Eq. Nivel (1º e 2º EP) .......... Dª Cristina Trabazo Losada
- Coordinadora do Eq. Nivel (3º e 4º EP) .......... Dª Sandra Fortes Martínez
- Coordinadora do Eq. Nivel (5º e 6º EP) ......... Dª Mª Alicia Muiños Sedano
OBXECTIVOS DO DEPARTAMENTO
Enviado por Anónimo o Mér, 09/04/2008 - 07:23- Mellora-la organización e funcionamento do Departamento e actualiza-los recursos e materiais existentes.
- Elaborar propostas para a súa aprobación pola CCP e incorporación ó PEC:
- De carácter organizativo e pedagóxico para á atención á diversidade do alumnado
- De mellora e implementación do plano de acción titorial.
- Contribuir ó desenvolvemento do PAT.
- Colaborar cos profesores/as e titores/as do centro na detección e prevención de problemas e na planificación e realización de actividades educativas e adaptacións curriculares.
- Realizar as avaliacións psicopedagóxicas e o seguimento dos alumnos/as anteriormente diagnosticados.
- Asesorar ós equipos docentes en aspectos psicopedagóxicos do PCC, criterios de avaliación e promoción e organización de medidas de atención á diversidade.
- Coordinar a orientación educativa a tódolos niveis.
- Impulsa-la formación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa.
- Colaborar con outros organismos e institucións.
- Promove-la cooperación entre o centro e as familias.
- Facilitarlle ó alumnado apoio e asesoramento para a adsquisición de habilidades básicas da vida.
- Unificar criterios de actuación.
- Deseñar actividades para priorizar liñas de actuación.
ACCIÓNS PRIORITARIAS
Enviado por profesorado o Mér, 09/04/2008 - 06:54
Para este curso, seguindo as directrices da “Circular 10/2010” das Direccións Xerais de Ordenación e Innovación Educativa e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais pola que se dictan instruccións para unificar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación, propoñémonos levar a cabo as seguintes accións: 1) Asesorar ao equipo directivo sobre o contido do proxecto educativo e os documentos que o integran (Medidas de atención á diversidade, Plan de acción titorial, Plan lector, Plan de convivencia, Plan de acollida do alumnado procedente do estranxeiro, Proxecto TIC…) 2) Tendo como obxectivo a atención á toda a diversidade presente no centro e para avanzar na prevención e detección precoz de dificultades de aprendizaxe e na loita contra o fracaso escolar, traballaremos na identificación temperá de necesidades e na revisión ou modificación das medidas de apoio ou reforzo que estea a recibir cada alumno/a. 3) Asesorar, por unha banda, ao profesorado nos procesos de axuste e desenvolvemento das concrecións curriculares, das programacións, das medidas contempladas no PAT, das medidas de reforzo educativo e nas adaptacións curriculares e ,por outra, a toda a comunidade educativa sobre as diferentes medidas e recursos para a atención do alumnado con necesidade específica de apoio educativo, sobre o sistema educativo, os procesos de admisión, as accións de acollida, os cambios de centro e a participación na organización e no goberno dos centros. 4) Propoñer accións que promocionen a convivencia e a resolución pacífica de conflictos. 5) Reforza-la acción titorial nas aulas asesorando, colaborando e propoñendo actividades relacionadas coa aprendizaxe emocional, a dinámica de grupos e a igualdade real entre homes e mulleres. 6) Incidir na lectoescritura, como base dos demáis aprendizaxes; para elo, ademais das propostas que se deseñarán no Plan lector, elaboraremos e proporcionaremos materiais cara a mellora da comprensión lectora dos nosos alumnos/as. 7) Tentarase promover unha maior participación e implicación das familias na vida do centro e na educación das súas fillas e fillos.