Blogue da Biblioteca

"Recomendacións para este verán"

Xa están chegando as vacacións e nós xa temos preparada a nosa Guía de Lecturas. Aínda quedan unhas semanas de clase, pero para que vaiades preparando a vosa mochila de praia, río, piscina... sempre cun libro a man!! 

Clicade na imaxe para poder lela con claridade:

Letras Galegas

Como remate da celebración das Letras Galegas queremos deixarvos o vídeo elaborado durante a montaxe do mural sobre Florencio Delgado. Mural colaborativo feito entre todas e todos, aquí tendes o resultado.


"APADRIÑAMENTOS LECTORES"

No mes de Abril, os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria leron contos aos de Ed. Infantil, 1º e 2º. Grandes e pequenos desfrutaron dun ratiño todas e todos xuntos no patio. Foi un remate fermoso para o noso Mes do Libro. 

 

 

"Día do Libro 22"

O mes de Abril ten para a biblio un significado moi especial. É o Mes do Libro por excelencia, onde son protagonistas as historias escritas, contadas, cantadas...

Este ano, para festexar estas datas, tivemos diferentes actividades no cole:

- Exposición de fichas técnicas de plantas relacionadas co Horto-Xardín feitas coa colaboración das familias

- Apadriñamento lector dos nenos e nenas de 6º de Primaria co alumnado de Ed. Infantil

- Apadriñamento lector dos nenos e nenas de 5º de Primaria co alumnado do 1º ciclo

- Exposicións de libros na biblioteca

- Contacontos de Raquel Queizás ao alumnado de 5º e 6º de Infantil

Todas e todos desfrutamos moito con elas e O Libro foi o protagonista destas xornadas.

Os nosos proxectos

Na Biblioteca do cole sempre podemos atopar a Piquín, a nosa mascota. É o encargado de presentar cada ano o proxecto común a traballar e vístese segundo o que imos investigar. Ademais, ao longo do curso, vai presentando as diferentes actividades propostas dende a Biblioteca na súa páxina: BIBLIOPIQUÍN

Este curso 21-22 imos con:

"HORTO-XARDÍN DE PIQUÍN"

 

Para ver proxectos doutros anos, clicade no seguinte enlace:

"Os nosos proxectos"

Distribuir contido