Normalización Lingüística, Actividades do alumnado
"DÍA DE ROSALÍA"
Enviado por riverocid o Mér, 12/02/2014 - 14:24O vindeiro 24 de febreiro, conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro. A AELG (Asociación de Escritores/as en lingua galega) promoverá unha serie de actos para celebrar dito día. Ademais de animar á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor nese día, a AELG convoca o programa GraffitiRosalía, dirixido a toda a sociedade galega, e especialmente aos centros de ensino de toda Galiza, para realizaren nos propios centros ou en espazos públicos, ademais de lecturas da obra rosaliana, unha acción colectiva en torno á figura de Rosalía de Castro co obxectivo de visibilizar os seus versos en espazos públicos e comunitarios.
Atendendo a dita iniciativa, no cole estamos a preparar algunhas actividades para conmemorar e recordar a nosa autora por iso...ESTADE ATENTOS!!!!
Agora invitoos a visitar o blog da nosa biblioteca no que xa aparece moita información da propio Rosalía de Castro.
http://bibliopiquin.blogspot.com.es/

"DÍA DA PAZ 2014"
Enviado por riverocid o Sáb, 08/02/2014 - 10:56O XOVES 30 DE XANEIRO FOI O DÍA DA PAZ E NO COLE FIXEMOS UNHA XUNTANZA NO SALÓN DE ACTOS PARA ESCOITAR AOS NOSOS COMPAÑEIROS INTERPRETAR (acompañados da profe Susana) O "HIMNO DE LA ALEGRÍA" COA FRAUTA E A GUITARRA. NÓS ACOMPAÑAMOS CANTANDO A NOSA PARTICULAR "ODA DA ALEGRÍA". LOGO ESCOITAMOS MOI ATENTOS UN TRABALLO FEITO POLOS COMPAÑEIROS DE 5º SOBRE NELSON MANDELA, INTERCAMBIAMOS FLORES POR ABRAZOS, CANTAMOS E BAILAMOS AO SON DE "POR QUÉ NO SER AMIGOS" (de Hombres G) E, PARA REMATAR, NO PATIO SOLTAMOS POMBAS DA PAZ.
NADAL 2013
Enviado por riverocid o Ven, 07/02/2014 - 19:25"OLLOS DE AULA"
Enviado por riverocid o Lun, 20/01/2014 - 18:41- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
