Responder ó comentario

"DÍA DE ROSALÍA"

              O vindeiro 24 de febreiro, conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro. A AELG (Asociación de Escritores/as en lingua galega) promoverá unha serie de actos para celebrar dito día. Ademais de animar á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor nese día, a AELG convoca o programa GraffitiRosalía, dirixido a toda a sociedade galega, e especialmente aos centros de ensino de toda Galiza, para realizaren nos propios centros ou en espazos públicos, ademais de lecturas da obra rosaliana, unha acción colectiva en torno á figura de Rosalía de Castro co obxectivo de visibilizar os seus versos en espazos públicos e comunitarios.

             Atendendo a dita iniciativa, no cole estamos a preparar algunhas actividades para conmemorar e recordar a nosa autora por iso...ESTADE ATENTOS!!!!

Agora invitoos a visitar o blog da nosa biblioteca no que xa aparece moita información da propio Rosalía de Castro.

http://bibliopiquin.blogspot.com.es/

"DÍA DE ROSALÍA"

Responder