ACCIÓNS PRIORITARIAS

00/00/
Array



Para este curso, seguindo as directrices da “Circular 10/2010” das Direccións Xerais de Ordenación e Innovación Educativa e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais pola que se dictan instruccións para unificar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación, propoñémonos levar a cabo as seguintes accións:


1)      Asesorar ao equipo directivo sobre o contido do proxecto educativo e os documentos que o integran (Medidas de atención á diversidade, Plan de acción titorial, Plan lector, Plan de convivencia, Plan de acollida do alumnado procedente do estranxeiro, Proxecto TIC…)


2)      Tendo como obxectivo a atención á toda a diversidade presente no centro e para avanzar na prevención e detección precoz de dificultades de aprendizaxe e na loita contra o fracaso escolar, traballaremos na identificación temperá de necesidades e na revisión ou modificación das medidas de apoio ou reforzo que estea a recibir cada alumno/a.


3)      Asesorar, por unha banda, ao profesorado nos procesos de axuste e desenvolvemento das concrecións curriculares, das programacións, das medidas contempladas no PAT, das medidas de reforzo educativo e nas adaptacións curriculares e ,por outra, a toda a comunidade educativa sobre as diferentes medidas e recursos para a atención do alumnado con necesidade específica de apoio educativo, sobre o sistema educativo, os procesos de admisión, as accións de acollida, os cambios de centro e a participación na organización e no goberno dos centros.


4)      Propoñer accións que promocionen a convivencia e a resolución pacífica de conflictos.


5)      Reforza-la acción titorial nas aulas asesorando, colaborando e propoñendo actividades relacionadas coa aprendizaxe emocional, a dinámica de grupos e a igualdade real entre homes e mulleres.


6)      Incidir na lectoescritura, como base dos demáis aprendizaxes; para elo, ademais das propostas que se deseñarán no Plan lector, elaboraremos e proporcionaremos materiais cara a mellora da comprensión lectora dos nosos alumnos/as.


7)      Tentarase promover unha maior participación e implicación das familias na vida do centro e na educación das súas fillas e fillos.


 


 



(Sen asunto)