Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Secretaría

LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2022-2023

15/06/2022 23:44
Europe/Madrid

RELACIÓN DE LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2022-2023.


IMPORTANTE:
Non se deben mercar os libros de texto ata que se publique a resolución definitiva do préstamo de libros do fondo solidario (3º e 4º), ou a entrega de vales para a adquisición de libros (1º e 2º).


Será necesario solicitar cita previa no colexio para a recollida de vales, presentar reclamacións ou consultar as listaxes de libros asignados do fondo. Medios dispoñibles: teléfono 881 880 434, email: ceip.manuel.fraga@edu.xunta.gal.


SOLICITANTES DE AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (VALES)
Publicación de listaxes: 1 de xullo de 2022. As listas poderanse consultar no vestíbulo do centro. Non se facilitará información relativa ás mesmas por teléfono.


A partires do día 4 dexullo e ata o 15 de xullo poderán recoller os vales no colexio, en horario de 11:00 a 13:30. Os vales que non se recollan nestas datas serán entregados en setembro.


As persoas ás que non se conceda a axuda por erros na documentación, ou as que detecten algún erro no vale, terán 10 días desde a publicación da listaxe para emendar as deficiencias ou presentar a documentación necesaria.


PERSOAS BENEFICIARIAS DO FONDO SOLIDARIO (ALUMNADO DE 3º e 4º)
Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas: 1 de xullo de 2022. As listas poderanse consultar no vestíbulo do centro. Non se facilitará información relativa ás mesmas por teléfono.


As persoas interesadas poderán formular reclamacións ata o día 6 de xullo de 2022.


Publicación das listaxes definitivas: 7 de xullo de 2022.


Entrega dos libros ao alumnado: ao inicio do curso escolar en setembro.


MATERIAL ESCOLAR EDUCACIÓN INFANTIL
O material escolar comprarase unha vez comezado o curso e formadas as cooperativas de aula. Prégase non mercar
nada sen falar previamente coa persoa titora.


EDUCACIÓN PRIMARIA
A listaxe de material escolar será facilitado pola persoa titora e/ou publicado na web do colexio cando se coñeza.

PREMA NA SEGUINTE LIGAZON PARA ACCEDER Á RELACIÓN DE LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2022-2023.

RELACIÓN DE LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO PARA O CURSO 2022-2023

 

DÍA DOS OCÉANOS -SAÍDA Á PRAIA DA BASTEIRA.

13/06/2022 18:14
Europe/Madrid

O día 8 de xuño celebrase o Día Mundial dos Océanos. Sabemos que o oceáno cubre máis do 70 % do Planeta, que é a nosa fonte de vida e sustento da humanidade e de todos os demais organismos da terra. Por todo iso e máis, Nós ,aínda que o día 9 de xuño e  por segundo ano consecutivo, quixemos axudar a protexer o noso mar e as nosas praia porque consideramos que todos debemos poñer o noso grao de area, os xestos son necesarios para conseguir un mar limpo, un mundo mellor. Proba de que é necesario é que o océano produce ao menos o 50% do osíxeno do Planeta, alberga a maior parte da biodiversidade da Terra e é a principal fonte de proteinas  para máis de mil millóns de persoas en todo o mundo. Que máis necesitamos saber para concienciarnos de que temos a misión de conservar a vida no mar para as futuras xeracións. Por todo o anterior, saimos á Basteira co fin de limpala e comprobar se existen microplásticos ocultos entre os graos de area. Sorprendimos positivamente cando comprobamos que a praia estaba bastante limpa, e cando fixemos o peneirado de area deunos como resultado que non había microplásticos tan perxudiciais para os peixes e indirectamente para o ser humano. Sentimonos moi ledos/as!!!. Tamén aproveitamos para xogar na zona das dunas e na beiramar. O sol acompañounos, quizais demasiado, pero resultou unha xornada de convivencia divertida, instrutiva,  emocional e de fomento de valores para educar aos nosos/as rapaces/zas.

        

 

SAÍDA Á A CORUÑA ALUMNADO 3º, 4º, 5º E 6º DE E. PRIMARIA

13/06/2022 17:37
Europe/Madrid

O pasado 24 de maio o alumnado do cole (3º, 4º,5º e 6º de EP) viaxou á cidade da Coruña para pasar un día GRANDE. Saíron en 3 autobuses sobre ás 9:30 da mañá. Cando chegaron dirixironse ao Monte de San Pedro onde tomaron un pequeno xantar para coller forzas e gozar dos lugares que os estaban agardando. O primeiro destino foi a Casa das Ciencias no parque de Santa Margarida, onde xogaron e interactuaron coa ciencia para así comprendela mellor; a continuación dirixironse cara ao MUNCyT onde, aparte de todo o contido interesantísimo que alí se atopa, tiveron a oportunidade de subirse a unha cabina de avión, toda unha experiencia, sobre todo para aqueles nenos/as que nunca tiveran a oportunidade de viaxar neste medio de transporte. Despois de do Museo de Ciencia e Tecnoloxía esperáballes algo que agardaban con moita ilusión: comer todos xuntos no "Muerde la Pasta" no centro comercial Marineda. Segundo manifestaron, "foi xenial!!!". E por último e non menos atractivo, foron ao Acuario Finisterre, que imos a dicir, outra experiencia inesquecible, sobre todo para eses nenos e nenas amantes dos animais, en especial dos que habitan no mar.

      

SAÍDA DO ALUMNADO DE EI, 1º E 2º EP AO MUÍÑO DO PEDROSO

30/05/2022 11:06
Europe/Madrid

Despois de case 3 cursos retomamos as excursións que tanto emocionan aos nosos/as nenos/as. O  pasado martes 24 de maio o alumnado de E. Infantil, 1º e 2º de E. Primaria viaxou ao muíño do Pedroso, unha área recreativa á beira do río Xuvia. Alí realizaron obradoiros de pan, traballaron con sementes e fixeron pegadas de animais en barro, sen faltar, por suposto, o tempo de xogo nunha paraxe natural como é esta. Como soen ser todas as saídas foi unha xornada inesquecible. Pasáronno xenial.

     

OBRADOIRO DE CESTERÍA NO PATIO DO COLE- ALUMNADO DE 2º EP

25/05/2022 22:03
Europe/Madrid

Hoxe os/as nenos/as de 2º de EP tiveron un día moi especial, recibiron a tres expertos cesteiros: Andrés, Mario e Juan. Neste obradoiro os /as nenos/as coñeceron de primeira man este oficio tan importante no pasado, e que agora está en perigo de desaparecer. Como podedes ver cada un /unha fixo o seu cestiño e sentíronse súper orgullosos do seu traballo. Dámoslle INMENSAS GRAZAS á Andrés, Mario e Juan  por achegarse ao noso cole e  pola súa paciencia. Estamos moi agradecidos/as.

                  

                                                                   

VISITA DO ALUMNADO DE 3º E 4º DE EP Á NAVE DAS REDEIRAS DE CARIÑO

25/05/2022 21:56
Europe/Madrid

Onte o alumnado de 3º e 4º de EP visitaron a nave na que as Redeiras de Cariño traballan diariamente. Foron moi ben atendidos por estas mulleres, explicáronlles en que consiste a súa profesión, faláronlles do tipo de redes que se utilizan para as distintas artes de pesca, como se cosen as redes, ensináronlles as agullas que usan, os plomos que levan as redes para afundirse,..., e moitas cousas maís, todas elas MOI INTERESANTES. Ademáis tiveron un obradoiro onde estes /as nenos/as puideron gozar facendo, tocando,... Dámoslles GRAZAS EMORMES

 

                                                                                                                     

                     

Distribuir contido